André Abeledo Fernández •  Opinión •  11/10/2021

Cunha xustiza clasista e partidaria a democracia non pode ser plena

A inxusta sentencia contra Alberto Rodríguez, o diputado de Podemos sentenciado sen probas pola declaración dun policía sobre unha suposta patada durante un desahucio que ninguén viu, pon sobre a mesa a realidade dunha xustiza inxusta que para nada é igual para todos.
Recordemos sin ir máis lonxe casos como o do neto de Franco que tentou atropelar a dous Gardas Civiles, ou a Esperanza Aguirre dándose a fuga trás desobedecer a Policía Local, dous casos donde a xustiza decidiu deixar impunes os delitos flagrantes.
As sentenzas xudiciais por indicios, sin probas ou baseadas solamente na palabra dun policía non son ningunha novidade, este é o sistema xudicial que tenemos, un sistema inxusto e parcial que sentencia según a clase social ou a ideoloxía do acusado.
Namentres que a carreira xudicial sexa casi un imposible para as fillas e os fillos dos traballadores por motivos económicos, o poder xudicial non será un poder realmente democrático e polo tanto non representará a sociedade no seu conxunto, é máis, non representará a maior parte da sociedade.
O que está sucedendo a día de hoxe con sentencias xudiciais claramente politizadas, ó meu entender, e cun tribunal supremo tomado pola dereita, cun mandato caducado e en rebeldía fronte á obligación constitucional de renovarse, é a proba de que a xustiza no Estado español non é xustiza porque é parcial, fai política e toma partido.
André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /