André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/04/2022

Non apludir a Zelenski un acto de dignidade en tempos difíciles para a dignidade

Queda dignidade, pouca, mais queda algunha, non todos son palmeros do poder e tacticistas que van para donde sopla o vento. Grazas aos que non aplaudiron, aos que non foron, aos que non se deixaron usar. Aínda sabendo que os medios de intoxicación irían a por eles.
Zelenzki ilegalizou cando menos 11 formacións políticas, entre as que destacan: «Plataforma de Oposición – Pola Vida», «Partido Sharia», «Noso», «Bloque de Oposición», «Oposición de Esquerda», «Unión de Forzas de Esquerda», «Estado», «Partido Socialista Progresista de Ucrania». «Partido Socialista», «Socialistas» e «Bloque de Vladimir Saldo», entre outros.
Ademáis o Partido Comunista xa estaba prohibido en Ucrania dende 2014, e coa chegada de Zelenski ao poder ten seguido prohibido.
Varios líderes comunistas ucraínos teñen sido desaparecidos ou asasinados polos NAZI-FASCISTAS ucraínos, algo do que non informan os medios.
Non todo vale por un voto, nin sequera un aplauso.

Opinión /