André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/04/2022

NON a todas as guerras, NON a todas as mentiras e NON a toda a propaganda

Non se trata de apoiar a Rusia, tampouco de caer ba rusofobia. Na guerra a verdade é a primeira vítima e a información é propaganda.
Por desgracia a prensa en Occidente sempre ten xogado suxo e a opinión pública non ten memoria.
Agora Ucraína, Polonia, Hungría ou Turquía xa son democracias homologables para Europa, a homofobia institucional, a persecución de cinganos e minorías étnicas, o feixismo, os neonazis, o machismo, todo eso queda olvidado porque estraga o relato oficial MADE IN UE, USA, OTAN.
¿Para cando expulsamos aos diplomáticos de Arabia Saudí pola guerra do Iemen, aos de Israel polo xenocidio en Palestina, ou aos de Marrocos pola ocupación ilegal do Sáhara Occidental?. Para nunca, porque eses sátrapas xenocidas son amigos de Occidente. Hipocrisía.
A razón pola que cada día máis xente non cree o que di a prensa en Occidente, é porque nos meten sempre, non se dedican a informar, son armas en mans de oligarquías, a súa función é crear opinión, intoxicar, desinformar, facer propaganda e mentir cando o poder o decide.
Os medios de comunicación son aparatos de manipulación ao servizo do que manda, a súa su labor é intoxicar e crear opinión, que non informar, pois a desinformación é a base do seu traballo, a verdade é solo unha vítima e a propaganda a súa su única función. O que paga a tinta manda.
Non me creo nada do que din os medios de comunicación, nin sobre a Ucraína, nin sobre prácticamente nada. Mentiron en Iugoslavia, en Iraq, en Libia, en Siria, en Afganistán, sobre o Sáhara Occidental, meten, calan, usan a desinformación e a intoxicación como sistema.
Os medios e os seus opinadores OTANISTAS dán moito noxo e moita vergoña allea. Os que mentiron sobre a guerra en Iugoslavia, Iraq, Libia, Afganistán, Vietnam, Iemen, Sáhara Occidental.etc…agora nos explican a guerra na Ucraína.
Nos meten nunha guerra e nos piden que paguemos a conta. A crise derivada de financiar a Ucraína na guerra e das sancións a Rusia a pagaremos nós, nin os nosos dirixentes, nin os donos dos medios, nin os oligarcas, nin os opinadores OTANISTAS, paga o Sr. pobo.
E como sempre lles funciona, a xente segue tragando sin pensar e creen estar informados porque o dixo a televisión.
«¿Canto te pagan os rusos?», é o nivel argumental do persoal que non quere que lles ensuxen o relato oficial que se ten tragado sin masticar. As neuronas no se mercan, nin se venden.
Opinadores a soldo da OTAN e dos medios hai uns cantos que se están forrando nestes días
«É máis fácil enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados» (Mark Twain)

Opinión /