André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/03/2023

Empresarios coa patria no peto

Garamendi defende a Rafael del Pino, tamén lo fan outros grandes empresarios, porque can non come can.

O voceiro de FERROVIAL ten amosado o nivel de hipocresía e mezquindade das multinacionais «españolas», encheron os petos co diñeiro público, con diñeiro de todos e agora larganse como ratas avariciosas.

O voceiro de FERROVIAL di que calquer español debe estar orgulloso de que s empresa emigre a Holanda para encherse aínda máis os petos, para esta xentalla ademáis de apaleados os españois son parvos.

FERROVIAL é a mostra da mezquindade empresarial, da súa avaricia, y da súa falta de patriotismo.

O presidente de Ferrovial traiciona a todo un país despois de décadas vivindo de concesións de obra pública. 

Rafael del Pino é un dos executivos do Ibex por designación paterna.

Rafael del Pino é a terceira fortuna española e tan patriota da súa conta corrente como tódolos da súa catadura moral.

Ferrovial é una constructora que naceu en dictadura, medrou grazas ao sector público, ao diñeiro de todos, unha empresa que pertence a terceira fortuna de España. 

Asistimos a unha demostración máis da mediocridade dos empresarios españois, da sua falta de patriotismo e a súa miseria moral.

Ferrovial, é un imperio nacido das entrañas do franquismo e que foi forxado cos contratos do Estado dados a dedo por unha dictadura corrupta. 

Medraron grazas a ter curmáns franquistas, aos seus apelidos de abolengo dereitista e aos contratos do Réxime franquista que os levaron a levantar o seu actual imperio empresarial. 

Empresarios Made In Spain son estos patriotas do seu peto.


Opinión /