André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/01/2022

Rusia no punto de mira de Occidente.

A propaganda antirusa non cesa, Rusia como a culpable de que suba a enerxía en Europa, vendennos a Rusia como o inimigo, como o agresor.
Como en tantas outras ocasións Occidente utiliza a máxima de Goebbels, o ministro de propaganda da Alemaña NAZI, de que unha mentira repetida mil veces convértese en verdade.
Pero a verdade é ben distinta, é Rusia a que ten sido agredida, acosada e hostigada.
Dende sancións que tentan de danar a súa economía, ata ameazas na súa fronteira con Ucrania, dende Donbás ata Crimea.
En Ucrania Occidente decidiu apoiar un golpe de Estado NAZI, contra un gobierno democrático ao que consideraban proruso, non lles importou poñer no poder a un goberno fascista para conseguir o obxetivo de acorralar a Rusia.
Na fronteira entre Ucrania e Rusia, e agora tamén entre Polonia e Bielorrusia, tropas da OTAN buscan provocar a Rusia e a seu aliado Bielorrusia para seguir desestabilizando a zoa.
Sin esquecer que cando o Goberno lexítimo de Siria pediu axuda a Rusia para loitar contra o Estado Islámico, tamén Occidente tentou de vender a imaxe dunha Rusia intervencionista en vez de apoiar e ata aplaudir o esforzo ruso na loita contra o Estado Islámico.
Rusia ten sufrido tamén sancións a outros niveis, como por exemplo no terreo deportivo, onde baixo a escusa de castigar ó dopaxe, tense excluido a bandeira e o himno ruso de eventos deportivos como os Xogos Olímpicos, nun intento de humillación ao que os deportistas rusos teñen sabido responder con vitorias e con xestos como o do equipo de hóckei sobre xeo ruso que saiu a competir co uniforme da URSS.
Rusia ten sufrido todo tipo de acusacións absurdas, como cando o Gobierno español acusou a Rusia de estar detrás da crise en Catalunya, e que ata tiña ofrecido tropas para apoiar la independencia en Catalunya.
A resposta de Rusia ante a avalancha de mentiras, as sancións e as graves provocacións militares nas súas fronteiras, ten sido estoica, calmada e firme.
Non poderíamos acusar a Rusia de esaxerar a súa reacción de ter tomado medidas moito máis duras, pois sobranlle motivos. Pero Rusia ten amosado sentido de Estado e sentido común, que  nestes tempos é o menos común dos sentidos.
Parece como si Occidente trás a desintegración da URSS necesitase un novo inimigo a quen satanizar ante a súa opinión pública, e Rusia sería a elección natural.
Pero a verdade é obstinada, e a historia tamén ten memoria, por moito que Hollywood reinvente a historia, a verdade é que non fai tanto tempo a URSS salvou a Europa do fascismo.

Opinión /