André Abeledo Fernández •  Opinión •  08/01/2022

A caza do ministro de consumo.

A caza do ministro de consumo, se ten dito a dereita, a verdade é o de menos, o único importante é embarrar o terreo e repetir mentiras ata convertelas en verdade para unha parte da sociedade.
Alberto Garzón non dixo o que a dereita e os seus medios din que dixo, pero é que ademáis o que dixo é unha verdade irrefutable.
É verdade que a calidade da carné dos animais depende de como viven e do que comen. Algo que tamén se reflexa no prezo do producto final.
Tamén é verdade que para a saúde dos cidadáns é importante mellorar a alimentación e que unha sociedade sana é mellor.
Unha sociedade sana supón ademáis unha menor carga para o noso sistema sanitario.
Dende sempre sabemos que é mellor prevenir que curar.
Decir verdades non é un acto irresponsable, nin unha traizón, outra cousa é que non esteamos acostumados a que alguén as diga.

Opinión /