André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/12/2021

Sobre a progresia hipócrita negacionista da loita de clases.

Algúns falan de progresismo, de tecnoloxía, do respeto a propiedade privada e das patentes como símbolos dunha nova sociedade que ten superado a loita de clases.
Uns non se dan conta do vello, e outros són conscientes, do antigo do seu argumentario progre e pequeno burgues.
Simplemente están a falar de capitalismo en estado puro, algo que xa existia no século pasado como existe hoxe, como existia e existe nestes momentos a loita de clases.
Igual que antes, hoxe hai explotados e exploradores, as condicións laborais empeoran, os ricos són cada día máis ricos e a clase traballadora sufre as consecuencias das crisis sistemicas e agora tamén pandemicas.
Pero como sempre algúns están comodos como no século pasado e pretenden que a súa comodidade é a demostración da superación das contradiccións sociais e dos abusos do capital.
Mentres outros somos mileuristas, e outros fan cola para recoller a humillante caridade dun sistema que ten a ben dar comida para que non morran de fame.
Temos traballadores e traballadoras a quenes o salario non lles dá nin para rematar o mes, traballadores pobres con salarios de miseria obrigados a vivir para traballar en vez de traballar para vivir.
Como no século pasado os intereses de cada clase son diferentes, entran en contradicción, e están enfrontados.
Para mostra de que a loita de clases segue vixente están as distintas realidades que vivimos no mesmo século, uns vivimos ao día, con medo ao futuro, e tamén ao presente, porque levar ós fillos ó dentista pode significar non rematar o mes. Sufrimos a perdida de dereitos, as xornadas laborais eternas, e os ritmos de traballo que acaban coa nosa saúde fisica e mental. Outros síntense cómodos, como no século pasado.
E todo isto falando do chamado primeiro mundo, porque existe unha parte importante da poboación mundial que sobrevive en condicións pesimas e de semi escravitude, tamén como no século pasado. Existe a fame,  o tráfico de persoas, as guerras de expolio de recursos, o imperialismo segue vixente.
Pero como no seculo pasado desgraciadamente existe xente que se sinte cómoda descoñecendo outras realidades ben cercanas ou algo máis lonxanas.
Desgraciadamente o individualismo e a falta de empatía está moi vixente neste século progre, individualista e falto de empatía.
Os que non creen no ser humano, pensan que no século XXI os que pasan fame, ou viven na miseria, o fan porque non són competitivos, ou por culpa dun político e non dun sistema. É unha idea que nace da súa comodidade, que nace da súa falta de empatía.
Pero no fondo ese discurso neoliberal é decadente, é calcado ó de VOX ou CIUDADANOS, nada novo baixo o sol.
Que non hai deritas nin esquerdas xa o dixo José Antonio Primo de Rivera, e o sigue decindo FALANGE. É un discurso vello, rancento e fascista.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)

Opinión /