André Abeledo Fernández •  Opinión •  01/02/2022

As Tanxugueiras abren un debate necesario na Galiza

Galiza non é España, porque España non vai a permitir a Galiza ser, nin nos entenden, nin nos queren entender, xamais nos van a respetar, para eles o noso idioma e a nosa cultura son de terceira categoría, e a nosa historia non existe.

Sempre me sentin galego ao 100%, sen dúbida internacionalista, para nada me sinto mellor que ninguén por ser galego, pero agora teño máis claro que nunca que namentres a Galiza forme parte do Estado español ser galego será un acto de rebeldía, e a nosa lingua, a nosa cultura, e a nosa historia estarán en perigo de extinción.

O debate aberto na nosa sociedade pola participación do grupo galego das Tanxugueiras penso que é positivo para as galegas e galegos que ainda non son conscientes que como se trata ao noso idioma na Galiza e tamén no Estado español.

Nun tempo cheguei a pensar que era posible facer entender en España a necesidade de que as nacións tivesen unha convivencia en pé de igualdade para poder construir a casa de todos. Pero isto é unha quimera.

A Galiza como Catalunya o Euskadi precisan o seu propio Estado para non continuar eternamente en perigo de extinción.

Sobre todo agora que o españolismo máis rancio volve a rexurdir e o neofranquismo fascistoide non deixa de crecer nesa España que cada día está máis lonxe de ser unha casa de todos, e cada día é máis unha cárcere de pobos.


Opinión /