Redacción •  Memoria Histórica •  18/08/2021

«Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d’Asturias»

A historia d’úas víctimas hasta agora anónimas enmarcada nel contexto político y sindical da zona.

«Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d’Asturias»

Para acceder al crowdfunding, puedes pinchar aquí.

Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d’Asturias é un llibro nel qu’empecéi a trabayar hai sete anos. Quixen cuntar a historia d’aquellas personas que s’atreveron a soñar con un mundo miyor, máis xusto, y que, por defender esos ideales, pagáronlo cua súa vida, cua prisión, col exilio ou, condo las tían, cuas súas propiedades. Pro tamén é a historia das súas familias, d’úas vidas marcadas pola probeza y, sobre todo, pol silencio y el medo.

Nestos sete anos fun xuntando datos sacaos de bibliografía y hemerotecas, das causas xudiciales abertas polos sublevaos y da documentación militar y municipal, pro tamén faléi con muitos fiyos y netos das víctimas, pra que me cuntaran a súa historia. El resultao é este llibro. Nas súas páxinas recóyense todos os casos que puiden localizar da represión desatada nos conceyos del estremo noroccidental d’Asturias despóis de que foran ocupaos nel brao de 1936 por úa columna militar del Exército sublevao. El territorio estudiao coye os conceyos de San Tiso d’Abres, A Veiga, Taramunde, Vilanova, Santalla y Samartín d’Ozcos, Castripol, Tapia, El Franco, Cuaña, Navia, Villayón, Bual y Eilao.

125 asesinaos81 fusilaos despóis d’un conseyo de guerra, medio centenar de cayidos en combate, úa treintena de mortos por fame y enfermedades nas cárceles que sumar al camín das 400 personas que pasaron por prisión, ademáis d’outro medio centenar d’exiliaos. Ese é el balance da represión franquista sobre os nacidos ou vecíos da zona estudiada, alomenos cua información que puiden atopar.

El llibro tamén analiza el contexto histórico y político local nos anos da Segunda República, cunta os menos de quince días despóis del golpe militar en qu’a zona tuvo baxo el control das autoridades republicanas, esplica a entrada das tropas rebeldes y afonda despóis nos mecanismos de represión xudicial y estraxudicial que sufriron as personas significadas como d’esquerdas. Pro tamén fala d’outros aspectos como a organización local da Falanxe, a represión específica contra as muyeres, os fugaos y escondidos, os campos de concentración, as depuracióis ou a represión económica.

Caravana de vehículos da columna sublevada cruzando A Veiga (Archivo de José A. Ferrería Freije).


genocidio franquista /