Redacción •  Galicia •  29/04/2021

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao Concello de Ourense por verteduras ilegais ao río Miño

O organismo de augas ven de remitir a Amigos da Terra a comunicación de resolución do expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos vertidos realizados no mes de setembro do ano 2019 e que foran denunciados pola organización e a Plataforma Ríos Limpos.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao Concello de Ourense por verteduras ilegais ao río Miño

A comunicación que o organismo de conca fai á entidade ecoloxista versa sobre o expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos “vertidos realizados durante o día 25/09/2019 incumprindo as condicións establecidas na autorización de vertido outorgada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil ao concello de Ourense”.

Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos ao río Miño na zona de A Batundeira-Velle no encoro de Velle, ocasionaron danos ao dominio público hidráulico a causa dun vertido contaminate por exceso de amonio nas augas, e polo cal o Concello de Ourense foi sancionado cunha multa por importe de 2980,80 €, xunto co agravante de continuidade e reiteración da conducta infractora que xa fora sancionado previamente noutras ocasións.

Doutra banda, a CHMS tamén manifestou o seu requirimento ao Concello de Ourense para que se ateña a normativa e ao cumprimento das condicións de vertido.


Amigos da Terra /  CHMS /  Confederación Hidrográfica Miño-Sil /  Plataforma Ríos Limpos /