Plataforma Mina Touro O Pino NON •  Galicia •  28/12/2025

Plataforma Mina Touro O Pino NON: «O Concello de Touro denéganos o dereito á información pública»

  • Asociacións ambientais e varias veciñas e veciños reclamaron a falta de cumplimento da lei de transparencia para o acceso a un proxecto de aprobación de gasto de máis de seiscentos mil euros, ante as dubidas de que un dos proxectos que se pretendía aprobar podía recoller información vinculada co proxecto de reapertura da mina.
Plataforma Mina Touro O Pino NON: «O Concello de Touro denéganos o dereito á información pública»

No pleno ordinario celebrado no Concello de Touro, no pasado mes de novembro, o alcalde argumentou que fora un erro de copia pega da empresa á que se lle encargou un proxecto para a mellora da EDAR de Touro, o feito de que aparecera no documento información textual “dun proxecto de Espina y Delfin para Cobre San Rafael”, indicando que o iban revisar e estaría a disposición de todo o mundo que o quixera consultar.

Cando se fala de algo que teña que ver con Cobre San Rafael, e dun documento que forma parte “dun proxecto”  estamos a falar do proxecto de reaperuta da mina, pendente de resolver a DIA, e que entre outras cuestións eliminaría as traídas de auga de Arinteiro e Cebreiro, é obvio que en Touro salten as alarmas, levámolo facendo dende hai 9 Navidades.

 “O proxecto cando veña a pleno estará modificado e terá xustificada a necesidade de aumento de caudal” dixo o alcalde, proxecto no que van invertir máis de seiscentos mil euros pero non lles dera tempo a lelo, de ahí que se colara o copia-pega.

En Touro é evidente o problema de auga, entre a que vai polos ríos contaminada, da que nunca se fala nos plenos, ata a que se perde polas instalacións obsoletas e a mala xestión, estamos moi alerta.

Posteriormente á admisión do erro no pleno municipal, faise unha exposición pública, no Boletín provincial da Coruña,  do anuncia do expediente de gasto. Nesta publicación non se indica nin a maneira nin o lugar, nin tampouco ningún enlace onde poder consultar o proxecto, que tampouco está na sede electrónica do Concello nin no portal de transparencia.

Varias persoas e asociacións solicitamos, por escrito, ao concello que se facilitara esa información, e que se facilite a exposición pública. O concello optou por responder, a algúns dos solicitantes, indicando en resumen que non tiñan porque poñer ningun documento no portal de transparencia, que xa estaba no concello, calquera podía pasar polo concello e pedirllo ao secretario-interventor, cando quixera, que ten a labor de custodia, e que en todo caso se facia achega da información solicitada.

A lei de transparencia e bo goberno non di precisamente que ese sea o xeito de acceso a información pública,  non parece que ese sexa o proceder correcto dunha administración pública cos seus administrados. Ademáis de existir a lei que regula a información pública, cando se fala de cartos públicos, a administración e quenes a gobernan deben ser especialmente escrupulosos e cuidadosos coa transparencia no destino dos fondos públicos.

Máis ala do indicado, por moi amigos que queiramos ser, sinalar tamén que as persoas teñen vidas, traballo, e residencias dispares, non están para ir de visita ó despacho do Secretario-interventor ou do Alcalde a ver se ten tempo de enseñarlle os papeles, como se facía en épocas pretéritas que mellor non lembrar.  

Pero esquecen ademáis con esta actuación, que os cartos públicos que vai utilizar o Concello de Touro, tamén poden ser de interés para calquera cidadán doutros concellos, ou os que son de Touro e viven fora, … e non por iso van ter que desplazarse a Touro para poder consultar os expedientes que están custodiados polo Secretario-interventor. E xa para afondar máis na moitivacación, a cidadanía tamén temos dereito a que se preserve a nosa confidencialidade de acceso, sin ter que ir fisicamente ás oficinas municipais.

Ainda con todo, o pleno extraordinario de 23 de decembro do concello de Touro, por maioría de sete votos a favor, decide non admitir as reclamacións por incumprimento do acceso a información pública, aceptándose que o mellor xeito de acceso é personarse nas dependencias do Concello a preguntar…

Sinalar que a documentación que recibimos, quenes preguntamos, non é o proxecto de xustificación da necesidade que se iba rectificar, ese que era un copia-pega do proxecto do cobre, según o indicado no pleno de novembro. Vimos de saber, unha vez máis vía pleno extraordinario de 23 de decembro, que ainda non está rematado, que vai pola quinta ou sexta revisión, pero xa ten partida económica asignada e aprobada.

Agardamos que solo sexa fruto das guadañas levantadas que temos dende hai xa 9 Navidades, contra todas as milongas que nos queren colar continuamente, nas que case sempre anda detrás algo relacionado coa mina. Atopámonos coa barreira da Administración local e agardamos que polo menos cando o proxecto definitivo, revisado, estea rematado, sí se publique no portal de transparencia para que calquera o poida consultar e opinar.

Temos dereito ao acceso á información pública, por lei, sin ter que ir de visita presencial á sede do concello, nin ter que preguntarlle a ningún membro da corporación municipal, eses tempos casposos xa pensamos que quedaran atrás.


medio ambiente /