Ana Ponton insta ao Estado español a «desmarcarse da posición belicista da UE»
- O goberno de Pedro Sánchez ten que pedirlle ás institucións europeas que traballen pola paz e non pola guerra” de Israel contra Palestina.

A portavoz nacional cualificou de “urxente” denunciar a situación límite que se está vivindo na franxa de Gaza e amosou a solidariedade do BNG co pobo palestino.
“A comunidade internacional non pode mirar cara outro lado cando o estado de Israel prevé un ataque indiscriminado contra a poboación civil deGaza, que na práctica é un xenocidio contra o pobo palestino”, lamentou. Ademais, quixo fixar a súa opinión con respecto á posición da UE, que cualificou de “vergoñenta” por “posicionarse do lado de Israel, alimentando a escalada do conflito e converténdose en cómplices”.
Neste sentido, Pontón demandoulle ao Estado español que “se desmarque desa posición belicista e que reclame ás institucións europeas que traballen pola paz e non pola guerra”.
“Estamos ante unha situación gravísima é urxente que a comunidade internacional demande un alto o fogo permanente, apostando por unha Conferencia de Paz que inclúa a creación dun Estado palestino, como veñen reclamando as diferentes resolucións da ONU. Este é o único camiño que pode traer unha solución duradeira que poña fin a tanto sufrimento e inxustiza” concluíu.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
