Redacción •  Galicia •  13/05/2025

«Da Nakba a actualidades en Palestina», con Mohamed Safa: 14 Maio

  • A plataforma CompostelaxPalestina formada por coletivas e persoas a título individual organiza unha palestra este mércores 14 de maio unha palestra titulada «Da Nakba a actualidades en Palestina», con Mohamed Safa as 19.00h na facultade de Xeografía e Historia da Usc.
«Da Nakba a actualidades en Palestina», con Mohamed Safa: 14 Maio

A plataforma Compostela x Palestina organiza unha palestra este mércores 14 de maio ás 19:00, na que intervirá o recoñecido oftalmólogo, escritor e activista palestino Mohamed Safa. O poñente analizará a evolución da persecución contra o pobo palestino dende o seu acto fundacional, a Nakba, que se conmemora este xoves 15 de maio, ata o xenocidio actual. O acto terá lugar na aula 7 da facultade de Xeografía e Historia da USC.

Esta palestra ten como obxectivo abordar a persecución do pobo palestino dende unha perspectiva histórica, pois non se pode entender o xenocidio e as limpezas étnicas que se están a levar en Gaza e en Cisxordania sen coñecer a historia previa de violencia contra as palestinas por parte do Estado sionista. Nestes tempos de desinformación, deshumanización e banalización, a exposición da inxustiza histórica que sofre o pobo palestino dende a Nakba é fundamental para contrarrestar a propaganda do sionismo, amplificada nas nosas sociedades por colaboradores interesados a través dos medios de comunicación, as redes sociais e o ámbito académico. Por iso, invitamos ás compostelás a acompañarnos este mércores.

Esta semana, quizais con maior significación, cómpre berrar:

PALESTINA LIBRE!


Palestina /