Comunicado de apoio ao peche na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en apoio ao pobo palestino
Queremos denunciar o trato inxusto e difamatorio que o alumnado está sufrindo por parte de determinados medios de comunicación e tamén por determinados sectores da propia Universidade.
Desde os colectivos que formamos parte de Compostela por Palestina mostramos todo o noso apoio e recoñecemento para todas as persoas que están pechadas dentro da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, que teñen como único obxectivo defender os Dereitos Humanos e parar o xenocidio levado a cabo na actualidade polo Goberno de Israel contra a poboación Palestina.
Queremos denunciar o trato inxusto e difamatorio que o alumnado está sufrindo por parte de determinados medios de comunicación e tamén por determinados sectores da propia Universidade. Por todo isto, gustaríanos aclarar varios puntos:
− O estudantado en todo momento cumpriu coa normativa, mantendo un peche organizado que está incluíndo xornadas formativas con conferencias, actos simbólicos e reinvindicativos e tamén un organigrama de autoxestión que inclue limpeza, e mantemento da orde.
− O alumnado está levando a cabo as solicitudes internas de trámites para que as súas reivindicacións se debatan e voten nos organismos democráticos da propia USC, pero pese a ter as sinaturas necesarias, a súa proposta de inclusión das súas demandas sobre o tema de Palestina non foi incluída na Orde do Día do Consello de Goberno sen ningún tipo de xustificación, incumprindo así o propio regulamento interno da USC, violando os seus dereitos e impedindo que este tema poida tratarse pola vía .
− En todo momento mantívose aviso da ocupación de aulas e coordinación co Decanato da Facultade para a cesión das aulas ocupadas, e sempre houbo compromiso por parte do alumnado de non dificultar nin boicotear os exames. Tendo a USC cincuenta aulas na zona vella, a realización dos exames con normalidade é máis que viable.
− A recente problemática que xurdiu pola necesidade de baleirar de libros a biblioteca, (debido ao exceso de peso do material almacenado que provoca afundimento do chan da mesma, algo que non ten nada que ver co peche estudiantil), non foi notificado a asemblea de estudantes que se enteraron pola prensa,. O estudantado afirma que o proceso de traslado pode realizarse sen ningún tipo de incompatibilidade co peche, pois desde o primeiro momento houbo un compromiso de non interferir nos espazos non ocupados. O edificio ten espazos abondo e ascensores que permitirán que a empresa faga o seu traballo con total normalidade.
− As universidades están xogando un papel de total inacción e complicidade co proceso xenocida. Neste caso, a USC, financiada por un Goberno que está tolerando o xenocidio palestino, é outra máis das cómplices deste proceso. Por máis que faga declaracións institucionais propias e insuficientes ou a través do brando organismo da CRUE, hai numerosos feitos que demostran o contrario: non só a persistencia nas relacións académicas con universidades israelís (agora mesmo, por exemplo, con 13 proxectos de investigación en activo), senón a existencia de liñas de financiamento e contratación específicas ou a concesión de premios honoríficos a personalidades sionistas como Martha Nussbaum.
Por todo isto e ante a falta de vontade desta e doutras institucións de facer todo o posible para presionar a Israel para que pare na súa ofensiva xenocida, desde os colectivos de Compostela por Palestina apoiamos o peche e pedimos á sociedade xeral que apoie ao estudiantado e as súas mobilizacións.
Tamén esiximos a La Voz de Galicia que corrixa o artigo emitido e se retracte das falsas informacións sobre o Peche do alumnado na Facultade de Historia e se desculpe publicamente.
LISTA DE COLECTIVOS DE COMPOSTELA POR PALESTINA ASINANTES:
-Foro Galego de Inmigración
-Encontro Galego contra a OTAN
-BDS Compostela
-Tamborililás Compostela – Batukada Transfeminista
-SUGxPalestina
-Mocidade pola Independência
OUTROS COLECTIVOS ASINANTES:
-Rompanfilas
-Anticapitalistas
-Plataforma Galega pola Terceira República
-Ecoloxistas en acción