O ano comezou en Galiza cun incremento do paro e cunha caída da afiliación superiores á media estatal
En xaneiro rexistráronse 12.483 persoas afiliadas menos e 2482 paradas máis.

Galiza comezou o ano 2025 cun aumento do desemprego do 2,1% (2482 persoas paradas máis) e cunha caída da afiliación á Seguridade social do 1,2% (12.483 afiliadas menos), datos superiores aos rexistrados no conxunto do Estado. Este peor comportamento do mercado laboral galego cebouse especialmente coas mulleres, até o punto de que o 77% das novas persoas desempregadas son mulleres
As estatísticas publicadas hoxe polo Servizo de Emprego Estatal (SEPE) amosan que na media estatal o incremento do desemprego foi do 1,5%,mentres que a caída da afiliación á Seguridade Social situouse no 1,1%. Esta baixada da afiliación rexistrouse nas catro provincias galegas, aínda que con maior incidencia na Coruña e Pontevedra. E produciuse maioritariamente no réxime xeral, no que a baixada foi do 1,3%.
Persoas paradas por provincia.
| Persoas paradas | Variación | |||
| Decembro | Xaneiro | Absoluta | % | |
| A Coruña | 46.765 | 47946 | 1181 | 2,5% |
| Lugo | 11.810 | 12021 | 211 | 1,8% |
| Ourense | 14.242 | 14389 | 147 | 1,0% |
| Pontevedra | 46.021 | 46964 | 943 | 2,0% |
| Total | 118.838 | 121.320 | 2482 | 2,1% |
Fonte: SEPE.
Afiliación á SS por provincias.
| Afiliación á SS | Decembro | Xaneiro | Variación | |
| Absoluta | % | |||
| A coruña | 471195 | 465929 | -5266 | -1,1% |
| Lugo | 125196 | 123954 | -1242 | -1,0% |
| Ourense | 106744 | 105913 | -831 | -0,8% |
| Pontevedra | 376436 | 371292 | -5144 | -1,4% |
| Total | 1.079.571 | 1.067.088 | -12.483 | -1,2% |
Fonte: SS.
Ao mesmo tempo, a caída afectou aos contratos temporais, independentemente do tipo de xornada, e aos fixos descontinuos, mentres que os indefinidos mantivéronse. Isto ten que ver co feito de que a práctica totalidade da suba do paro concentrouse no sector servizos, precisamente o que conta co emprego máis precario e menos estábel.
Os datos amosan unha vez máis a pertinencia das reivindicacións da CIG en materia de emprego e na necesidade dun novo modelo económico. “Precisamos un modelo con maior peso de actividades estábeis e con mellores condicións laborais; como a industria, que debera representar o 20% do PIB, e que hoxe atinxen arredor do 16%”, segundo sinala o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG.
Xa que o actual modelo da Xunta do PP -baseado no turismo e na hostalaría, con condicións precarias, baixos salarios e traballo extensivo- condena a xente moza á emigración e penaliza especialmente as mulleres. “Esta inestabilidade do emprego fai que unha vez rematada a campaña de Nadal ligada ao sector Servizos se produza un medre do paro, que afecta especialmente as provincias costeiras e aos contratos fixos descontinuos e a tempo parcial”.
Persoas paradas segundo sexo.
| Variación | ||||
| Sexo | Decembro | Xaneiro | Absoluta | % |
| Homes | 50.678 | 51.237 | 559 | 1,1% |
| Mulleres | 68.160 | 70.083 | 1923 | 2,8% |
| Total | 118.838 | 121.320 | 2482 | 2,1% |
Fonte: SEPE.
Persoas paradas segundo sector económico.
| Variación | ||||
| Sectores | Decembro | Xaneiro | Absoluta | % |
| Sector primario | 3769 | 3768 | -1 | 0,0% |
| Industria | 11.532 | 11.550 | 18 | 0,2% |
| Construción | 7827 | 7796 | -31 | -0,4% |
| Servizos | 84.772 | 87.207 | 2435 | 2,9% |
| Sen emprego anterior | 10.938 | 10.999 | 61 | 0,6% |
| 118.838 | 121.320 | 2482 | 2,1% | |
Fonte: SEPE.
En canto ás medidas en materia de emprego que a central sindical reclama, Sío sinala a necesidade de que a redución da xornada laboral camiñe cara as 35 horas semanais. “E no caso dos sectores dixitalizados hai que ir a unha xornada de catro días á semana, xa que as novas tecnoloxías van provocar que se precise menos xente para desenvolver o mesmo traballo, o que fai necesario implementar medidas de reparto do emprego”.
Mais tamén a derrogación da reforma laboral de 2012 en todo o que ten que ver co despedimento e co poder que teñen as empresas para modificar as condicións de traballo. E a de 2021, xa que o único que fixo foi cambiar as modalidades de contratación, pero non foi quen de garantir maiores dereitos laborais nin uns salarios que permitan vivir dignamente.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
