Redacción •  Galicia •  04/02/2023

As mulleres principais prexudicadas pola negativa evolución do mercado laboral en xaneiro

  • A contratación indefinida segue aumentando en Galicia grazas ao acordo de reforma laboral asinado por CCOO.
As mulleres principais prexudicadas pola negativa evolución do mercado laboral en xaneiro

Os datos coñecidos hoxe indican que en xaneiro o paro rexistrado medrou en Galicia en 2826 persoas, un 1,98 %, e a afiliación á Seguridade Social, tomando o dato do último día do mes, rexistra unha baixada de 3991 afiliados e afiliadas. Se consideramos os datos da afiliación media mensual, esta redúcese en 11525 persoas (-1,06 %) respecto ao mesmo período do mes anterior.

Os datos reflicten un dos menores incrementos do desemprego no mes de xaneiro da serie histórica. O desemprego medra tanto nos homes (626 desempregados mais) coma nas mulleres (2200 desempregadas mais) pero o maior crecemento do desemprego feminino provoca que seis de cada dez persoas paradas sexan mulleres. O desemprego medra en 140 mozos e mozas menores de 25 anos e tamén entre as persoas maiores desa idade onde hai 2686 desempregadas mais.

No mes de xaneiro fixéronse 50956 contratos en Galicia (un 2,1% menos que en decembro) e aínda que o groso deles son temporais (32970 temporais por 17986 indefinidos) compre subliñar o crecemento da contratación indefinida dun 17,9% fronte a caída da temporal nun 10,4% como resultado do impacto da reforma do mercado de traballo acordada entre as organizacións sindicais, patronais e goberno.

Análise por sexos e sectoresEn Galicia están no desemprego 60474 homes (626 máis que en decembro) e 84574 mulleres (2200 mais que no mes anterior). Seis de cada dez persoas paradas son mulleres. Atendendo ás idades, hai 5671persoas menores de 25 anos inscritas no Servizo Público de Emprego (140 máis ca en decembro) e 139377maiores desa idade (2686 máis).

O paro diminúe en todos os sectores de actividade agás nos servizos, onde medra en 3100 persoas: no primario hai 9 persoas desempregadas menos, na industria 56 e 119 na construción. No colectivo senemprego anterior, o desemprego redúcese en 90 persoas. O evolución do emprego por sectores respondeao patrón dos meses de xaneiro onde se perde boa parte do emprego creado na campaña de Nadal e derebaixas do sector servizos.

Análise da contratación

En xaneiro rexistráronse en Galicia 50956 contratos, dos que 32970 foron temporais e 17986 indefinidos.Os contratos temporais supoñen o 35,3% do total de contratos rexistrados resultado dun incremento da contratación indefinida dun 17,9% cando a temporal cae nun 10,4%. O volume de contratos rexistrados en xaneiro foi inferior nun 2,1% aos formalizados no mes de decembro.

Afiliación á Seguridade SocialCanto á Seguridade Social, cos datos do último día de mes, a afiliación cae en 3991 persoas, ata situarseen 1028633 afiliados e afiliadas, rexistrando unha caída do 0,36 % respecto de do mes anterior.

A afiliación media mensual cae en 11525 persoas, situando o número de persoas traballadoras afiliadas en1030738. Deste total, 806574 corresponden ao réxime xeral, 204964 ao de autónomos e 19200 ao réximeespecial do mar. A afiliación media en Galicia cae nun 1,06 %.

Prestacións por desemprego

En decembro cobraron algún tipo de prestación por desemprego 887427 persoas: 42693 prestacións contributivas e 46049 subsidios.En relación aos ERTE do mes de xaneiro, sinalar que este mecanismo daba cobertura a 984 persoas a finaldo mes, das cales 920 estaban en ERTE ETOP, 60 en ERTE FORZA MAIOR e 4 no MECANISMO REDE SECTORIAL AXENCIAS DE VIAXE. Do total de persoas afectadas, 673 son homes e 311 mulleres.


empleo /