Concentración por Palestina en Praza Peregrina (Pontevedra): 3 de novembro
- Luns 3 novembro as 20h na Pza. Peregrina (Pontevedra).

Comunicado
Dende CGT, a Rede Galega pola Palestina e Pontevedra con Palestina facemos un chamamento a acudir á concentración que terá lugar o LUNS 3 NOVEMBRO as 20h na Praza Peregrina.
Este falso acordo de paz, asinado por dous criminais, destinado a diminuír as nosas mobilizacións en solidariedade co pobo Palestino non pode despistarnos.
Israel pretende consolidar agora mesmo a apropiación de máis do 40 por cento da Franxa de Gaza e establecer unha nova fronteira militar que garante a colonización israelí sobre ese territorio.
O inverno chega a Palestina. Sen casas, sen roupa de inverno, sen comida, sen gas e aínda baixo bombardeos das forzas de ocupación. Na madrugada do 28 ao 29 de outubro asasinou a máis de 100 persoas, entre elas, 47 nenxs.
Agora, máis que nunca, non podemos esquecer a Palestina.
CGT, Rede Galega pola Palestina, Pontevedra con Palestina.
