Redacción •  youtube.es •  Galicia •  25/08/2016

Compromiso por Galicia rexeita a actitude do PP de Feijóo

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia, Xoán Bascuas, rexeitou as recentes declaracións do candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, porque obvian a Compromiso por Galicia:”Feijóo dí que o seu partido é o único unido e o único unido a Galicia. A parte de que evidentemente é falso, o que non pode engadir a esa afirmación é que é tamén un partido limpo e libre de corrupción. Pois ben, Compromiso si pode certificar que somos un partido unido, que nós si que estamos unidos a Galicia e que somos un partido limpo e libre de corrupción”.

Compromiso por Galicia rexeita a actitude do PP de Feijóo

Bascuas visitou este mércores a cidade de Lugo acompañado polo candidato por esta provincia, Juan Carlos Piñeiro Docampo e asegurou que coas súas afirmacións, Núñez Feijóo, pretende que non se fale da formación galeguista porque é a alternativa real ao PP: “Está claro que o rival incómodo do PP é Compromiso por Galicia. Claro que hai unha alternativa socialdemócrata, progresista e galeguista. Feijóo sábeo e por iso non lle interesa que se escoite unha mensaxe que está sendo moi ben acollida nas rúas e que se traducirá en votos o 25S”.


Compromiso por Galicia /