Redacción •  Galicia •  20/12/2018

Esquerda Unida, ante a vulneración dos acordos do plenario de En Marea

Dende Esquerda Unida reiteramos o noso apoio ás persoas membros do Comité Electoral calumniadas e acusadas publicamente dende a dirección saínte de En Marea.

Esquerda Unida, ante a vulneración dos acordos do plenario de En Marea

Actualmente continúa sen existir documentación escrita que xustifique as graves acusacións vertidas dende a dirección saínte de En Marea, con respecto a compañeiras e compañeiros electos no máximo órgano de decisión de En Marea que é o plenario, e sobre a que se sustenta a situación esperpéntica na que se atopa o proceso de eleccións do Consello das Mareas.

En base a estas graves acusacións e a evidente ausencia de garantías democráticas expresada coa expulsión de 3 membros do Comité Electoral sen ningún tipo de documento que o xustifique, tense dado unha  clara usurpación das funcións do comité electoral substituído sen ningún tipo de garantía procesual. Atopándonos agora ante un órgano non lexitimado para tomar decisións, polo que dende Esquerda Unida entendemos que non existen garantías democráticas no proceso actualmente. Lamentamos, unha vez máis, a irresponsabilidade da dirección saínte de En Marea que como resposta e expresión dunha derrota política é quen de poñer en perigo aos procesos de confluencia.

Dende Esquerda Unida queremos trasladar o noso apoio ás compañeiras e compañeiros do Comité Electoral e tomaremos as medidas legais que correspondan para defender a honra e os dereitos de todas as inscritas de En Marea que actualmente están sendo vulnerados pola actuación irresponsable e arbitraria dunha dirección en funcións.

Esquerda Unida seguirá traballando con honestidade, lealdade e respecto ás candidaturas municipais froito dos comicios do 2015, así como nos espazos de confluencia existentes dende entón.


En Marea /  Esquerda Unida /