Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  16/06/2017

Carlos e Serafín: o indulto que non chega

O pasado xoves 15 de xuño tivo lugar a concentración que mes tras mes veñen facendo os tres sindicatos maioritarios da Galiza, CIG, CCOO e UGT, para esixir que dous traballadores, dous compañeiros, sexan indultados tras unha sentenza inxusta que os condea a ingresar en prisión por exercer o seu dereito a folga.

Carlos e Serafín: o indulto que non chega
Antes de rematar a concentración o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, dirixiu unhas verbas cas que amosou a «determinación de loitar de maneira permanente en defensa da clase traballadora» fronte á represión exercida contra Carlos e Serafín, dous nomes concretos da represión que «padecemos o conxunto da clase traballadora»: excercita pola patronal, «cada vez mais envalentonada grazas ás reformas antiobreiras impostas polo PSOE e polo PP», e polos gobernos do PP na Xunta e en Madrid «que se afanan en sofocar calquera protesta, en intentar silenciar a máis mínima mostra de discrepancia, criminalizando a loita social e, especialmente, a sindical».
 
Fronte a esa política institucional da que non se agardan cambios Alberto chamou á organización sindical posto que «é indispensábel ter un movemento obreiro potente, organizado e compacto» que poida «dar resposta en chave de mobilización e conflicto, para plantar cara a cada agresión, a cada recorte, á violencia represiva do poder».
 
«Só actuando de maneira conxunta, como clase traballadora poderemos impedir que ningún traballador, que ningunha traballadora, teñan que padecer nunca máis o calvario e a inxustiza que padecen desde hai varios anos os compañeiros Carlos e Serafín» afirmou antes de berrar con todas e todos: «Carlos, Serafín, ¡Indulto xa!».
 
 

huelga /  laboral /  represión sindical /  trabajadores /