Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  16/01/2017

O peche da Asemblea Aberta de Coia márcalle un gol a Caballero

Coñecida a nova da retirada da acusación contra Diego Lores, o peche na parroquia do Cristo da Victoria, tornouse en ledicia

O peche da Asemblea Aberta de Coia márcalle un gol a Caballero
E o policía local retirou a acusación ó final. Non haberá xuizo contra o activista da ODS e a Asemblea Aberta de Coia, Diego Lores. Porque igual que nós, todas e todos sabíamos que non agredira a ninguén. Nin xiquera a un municipal que cargaba contra as e os rotondianos.
 
Foron dous anos de incertidumbres, de ameazas, de insultos por parte de Caballero e Carmela Silva -que chegou a chamar «nazis» a veciñanza de Coia- e de tanta tropa ao seu servizo. Entre ela seguramente ese axente 294.509 que pensaba liscar con máis de 30.000 € metendo a Diego entre reixas. 
 
A unidade veciñal, dos colectivos sociáis, foi o que parou a un uniformado que traballa para un alcalde que poderá por barcos nunha rotonda, pero de momento non puido meter a ningún rotondiano entre reixas. E que conseguiu unir ao barrio de Coia para defender a un veciño de Vigo, pois todas somos Diego. 
 
Coñecida a nova da retirada da acusación, o peche na parroquia do Cristo da Victoria, tornouse en ledicia, pero tamén en xustiza. A xustiza queda nas verbas de quenes falaron, dos textos que contan a historia da loita da rotonda e das fotos e videos que a manterán viva sempre. E a loita continúa: polo centro cultural seguiremos a loitar lese nunha pancarta ao carón da que poñía Diego absolución. Non facía falta que o absolveran, porque sempre foi inocente.
 
 
Esta vez sí que podemos dicir: Vigo 1 – Caballero 0.

activista /  Caballero /  ODS /  represión /