Redacción •  Galicia •  15/07/2018

Eva Solla: “co cambio do goberno central, é o momento de reclamar o cumprimento das resolucións e sentenzas emitidas en recoñecemento dos dereitos do pobo saharauí”

Este domingo tivo lugar hoxe en Compostela unha concentración reivindicativa de apoio á loita do pobo saharauí, convocada pola asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) que á súa vez celebrou a benvida das nenas e nenos refuxiados saharauís chegados a Galicia un ano máis no marco do programa de Vacacións en Paz.

Eva Solla: “co cambio do goberno central, é o momento de reclamar o cumprimento das resolucións e sentenzas emitidas en recoñecemento dos dereitos do pobo saharauí”

Neste contexto a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla manifestaba que “é un bo momento, 42 anos despois do abandono do Sáhara por parte do estado español para continuar reclamando os dereitos do pobo saharauí”.

No contexto estatal Eva Solla lembrou que “actualmente co cambio do goberno central, tamén é un bo momento para esixir o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas e sentenzas en materia de dereito internacional” así como tamén “reclamar a este goberno central a negociación dende a UE coa presenza de España dun acordo de pesca, que neste caso ten moita importacia en Galicia, que respete as sentenzas e os dereitos do pobo saharauí”.

Por todo isto dende Esquerda Unida, consideramos que é unha obriga reclamar a solidariedade dun pobo, con dereitos recoñecidos, a vivir en paz e libertade na súa terra e dos seus propios recursos e polo seu dereito á libre determinación. Por un Sáhara Libre.


Esquerda Unida /  Eva Solla /  Sahara Occidental /