Redacción •  Galicia •  14/07/2016

Amigos da Terra insta ao Concello de Ourense a tomarse en serio as políticas de mobilidade

Neste senso, o colectivo opina que a Mesa de Mobilidade é unha ferramenta "vixente e activa pero incompleta", pois deben ser tidas en conta as recomendacións que dela emanan como eixo vertebrados doutras políticas como educación , saúde, infraestructuras, tráfico ou transporte.

Amigos da Terra insta ao Concello de Ourense a tomarse en serio as políticas de mobilidade

Ao respecto, especifícan que tales medidas suscitan «un importante consenso entre os distintos colectivos representados» e cómpre contar «con prazos precisos de execución e un orzamento para tomar as medidas oportunas», como en canto á pacificación do tráfico (pasos de peóns elevados, zonas 30, xerarquía de prioridade), campañas de concienciación que inclúan medidas coercitivas, penalizacións ou desenvolvemento de melloras que faciliten os desprazamentos a pe, fomenten o oso da bicicleta ou desinventiven o uso de vehículo privado.

Por iso, dende Amigos da Terra insta ao Goberno municipal «a construir xuntos unha estratexia de cidade na que estas medidas estén presentes en todas e cada unha das accións urbanísticas» desenvolvidas, e que aproveite a oportunidade que brinda a Mesa de Mobilidade, na que especialistas «de forma multidisciplinar e desinteresada» están a recomendar «unha serie de accións de eficacia probada». Porque Ourense «non se pode permitir máis crises de atropelos, tráfico descontrolado e transporte público ineficaz» -conclúen-.


Amigos da Terra /  movilidade /  Ourense /