Redacción •  Galicia • 11/08/2020

Convocada folga indefinida no servizo de salvamento das praias da Coruña a partir do 18 de agosto

O comité de empresa de Move Servicios de Ocio y Deporte vén de anunciar a convocatoria de folga indefinida á que están chamados os/as socorristas do concello da Coruña, a partir do vindeiro 18 de agosto. Explican que se viron obrigados a adoptar esta medida polos sucesivos incumprimentos laborais da empresa concesionaria do servizo profesional de salvamento das praias coruñesas.

Convocada folga indefinida no servizo de salvamento das praias da Coruña a partir do 18 de agosto

Entre outros sinalan o incumprimento en relación ao acordo de abono de horas extras; a falta de medios preventivos para levar a cabo o seu labor; o despedimento dun compañeiro e as sancións a outros cinco, con sancións de ata quince días de suspensión de emprego e soldo.

O comité de empresa asegura que todo iso estase facendo co coñecemento do concello, que tolera que o servizo se atope nun contrato de emerxencia (falta un mes para que termine) e que os medios non funcionen (seguen estragadas as motos de auga).

As e os socorristas piden desculpas a usuarias e usuarios dos areais polas molestias que puidera ocasionar a drástica medida que se viron obrigados a adoptar.


folga indefinida /  Redacción /  Salvamento Marítimo /