Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización deste sábado 10 de novembro pola devolución do Pazo de Meirás
- Sábado, 10 de novembro. Hora: A partir das 12 horas.
- Lugar: A marcha sairá do monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo, situado no paseo marítimo de Sada.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, acudirá á marcha e concentración.
Esquerda Unida, unha das organizacións convocantes, súmase e fai un chamamento á participación na quinta marcha que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) coa fin de reclamar o pazo de Meirás para o dominio público e na defensa da Memoria histórica e democrática do noso país e contra a impunidade franquista.
A marcha sairá o sábado ás 12 horas do monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo, situado no paseo marítimo de Sada, e rematará cunha concentración ás 13 horas diante do Pazo de Meirás. Se o tempo o permite, ás 16 horas celebrarase un roteiro na contorna do Pazo.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
