Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol •  Redacción •  Galicia •  09/07/2016

O Goberno en funcións do PP permite a autorización de Reganosa pasando por riba da lexislación vixente

O Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez, denuncia que "mentres a xente cumpre coa lei, o Executivo de Rajoy colabora coas empresas para que a eviten".

O Goberno en funcións do PP permite a autorización de Reganosa pasando por riba da lexislación vixente
Según denuncia AGE nun comunicado, o Presidente do Goberno en funcións colabora coas grandes empresas para que esquiven a lexislación vixente. “Con celeridade e eficacia que non amosa para outras cuestións, o Executivo do PP publica hoxe a autorización admninistrativa e a aprobación do proxecto de execución de Reganosa, en Mugardos”, denuncia o viceportavoz de AGE. 
 
A resolución do Boletín Oficial do Estado publicada o sete de xullo “é unha actuación chea de desprezo cara á cidadanía, que loita desde hai anos contra a ubicación aberrante da planta de recepción e almacenamento de gas licuado na ría de Ferrol. Esta localización pon en perigo a vida de milleiros de persoas” -afirma o deputado de maneira contundente-.
 
Para Sánchez, o Partido Popular axuda a empresas «que incumpren reiteradamente a lexislación», que no caso de Reganosa convírtese nun auténtico escándalo. “Este Executivo sempre se pon do lado dos que cometen fraude, para lles facilitar esquivar a lei que a cidadanía si ten que cumprir» -insiste-. «Mentres a xente do común cumpre a legalidade vixente, os gobernantes fan por incumprila. Neste caso aínda resulta máis grave, por se tratar dun Goberno en funcións” -engade- “que fai unha autorización por trámite extraordinario dunha planta con enorme impacto ambiental e social”.  
 
O Consello de Ministros, cando tamén se atopaba en funcións, xa eximira ao proxecto de tramitación ambiental. “A loita polo cambio de ubicación de Reganosa segue a estar vixente. E todo o que teña a ver coa planta de gas debera ser competencia exclusiva do Goberno galego”-sentencia o deputado de Alternativa-.

AGE /  Alternativa Galega de Esquerda /  Antón Sánchez /  Mariano Rajoy /  Reganosa /  Xunta de Galicia /