Redacción •  Galicia •  02/09/2026

BNG demanda protexer ao sector do mexillón na reforma da xestión dos mercados europeos da pesca

Na discusión do Parlamento Europeo sobre o estado actual do sector pesqueiro e marisqueiro e os fondos que recibirá no 2027, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, celebra a demanda común para aumentar os cartos para a renovación da flota e defende unha protección ao sector mexilloeiro.

BNG demanda protexer ao sector do mexillón na reforma da xestión dos mercados europeos da pesca

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou este martes na Comisión de Pesca da Eurocámara a necesidade de protexer produtos como o mexillón na reforma en marcha do sistema europeo que regula os mercados da pesca e a acuicultura, porque “o sector mexilloeiro no meu país sinte unha indefensión moi grande fronte ás importacións de países como Chile”.

A Comisión Europea está impulsando a reforma da Organización Común de Mercados (OCM), o sistema que xestiona dentro da Unión Europea os produtos da pesca e da acuicultura para garantir un sistema sustentábel, estable e de competencia xusta.

“Valoramos esa reforma da OCM co obxectivo de mellorar a información ao consumidor, para incluír así a un produto como o mexillón tan importante para a creación de emprego”, afirma Ana Miranda, quen lembra que “xa noutras comisións parlamentares falamos da necesidade de ter regras claras”.

A trazabilidade dos produtos propios para evitar a competencia desleal fronte aos produtos importados dende fora da Unión Europea segue a ser unha demanda da representante do Bloque, para ofrecer garantías ao consumidor. Ana Miranda denuncia que “o mexillón de Chile, por mor da transparencia no etiquetado e de información non pon de onde vén, só que foi transformado en Galiza. Os consumidores teñen que saber a orixe”.

A entrada en vigor do Acordo de Libre Comercio Unión Europea-Chile creou un marco sen aranceis para produtos dese países suramericano, como o mexillón, que favorece a súa entrada no mercado único europeo. A propia Comisión recoñece a falla dunha regulación protectora e “o máis afectado é o mexillón galego”, volve sinalar a eurodeputada Ana Miranda.

En Galiza hai máis de 3.300 bateas distribuídas ao longo da costa con 12.000 traballadores e traballadoras dependentes desta actividade e cunha facturación anual de preto dos 125 millóns de euros.


BNG / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com