BNG exixe ao Goberno español desautorizar Defensa sobre a planta de SAIC en Ferrol
“As información sobre que o Exército español e o CNI consideran o proxecto una ameaza son inaceptábeis e debe ser rectificadas de inmediato”, afirma Néstor Rego.
A organización nacionalista preguntará ao Goberno español se “está intentando torpedear un proxecto industrial que pode crear centenas de postos de traballo en Ferrol”.
O BNG reclama que a proposta sexa avaliada polo que pode achegar á dinamización económica da Galiza e non por criterios que parecen ditados polo “amigo americano”.

Ante as información aparecidas de que o Exército español e o CNI ven na futura fábrica automóbiles de SAIC “unha ameaza” por ser chinesa, o BNG rexistrará unha iniciativa no Congreso para exixir claridade ao Goberno sobre o apoio a un proxecto industrial que pode reactivar o emprego nunha comarca como a de Ferrol das máis castigadas no seu día pola reconversión industrial.
O deputado Néstor Rego considera “inaceptábel” a difusión desa posición do Exército e do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) e anuncia unha iniciativa para preguntar ao Goberno se partilla esa posición e, caso contrario, exixindo unha desautorización de Defensa.
“Consideramos extremadamente grave que desde organismos oficiais se lancen informacións que parecen queren torpedear un proxecto industrial no sector do automóbil que pode crear decenas de postos de traballo no noso País, especialmente nunha comarca como a de Ferrol que foi no seu día unha das máis castigadas de todo o Estado pola chamada reconversión industrial”, sinala Rego.
Por iso o BNG reclama claridade e unha rectificación pública, para desbotar calquera dúbida sobre a utilización de presuntos riscos para a “seguranza nacional” para rexeitar o proxecto por se tratar dunha empresa chinesa. “Non está o noso País, que leva décadas nunha crise industrial crónica, para ese tipo de xogos que mais parece ditados polo “amigo americano”. O proxecto debe ser avaliado polo que é e o que pode achegar á dinamización económica da Galiza e non por outra cousa”.
Rego destaca a incongruencia de alegar “hipotéticos casos de espionaxe electrónica ou ciberataques, así como a eventual exposición de información relacionada coas actividades da Armada e da industria naval militar” por parte dunha empresa civil cando o Estado alberga bases militares dun pais como os EUA que é coñecido por espiar tanto inimigos como aliados. O deputado tira de retranca, lembrando o caso de Merkel e o da espionaxe con Pegasus, e afirma que “mellor faría Margarita Robles en realizar un varrido de micros no seu despacho e unha limpeza do seu móbil por se Trump ou Mohamed VI andan escoitando”.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
