Hoxe en Palestina sobrevivir é un acto revolucionario
A resistencia ao exterminio é un acto heroico dun pobo que leva resistindo case oitenta anos de masacres, limpeza étnica, torturas, asasinatos, violacións, apartheid, e todo tipo de abusos imaxinables por parte de Israel sionista.
Un brutal xenocidio contra o pobo palestino retransmitese en directo, non sería posible sen a complicidade dos EEUU.
Donald Trump, o presidente dos EEUU, o desequilibrado megalómano supremacista que goberna a bandazos a potencia militar máis poderosa do mundo, decidiu pasarse polos forros tódalas resolucións internacionais e seguir apoiando ao Estado sionista e XENOCIDA de Israel no exterminio do pobo palestino,
Se cadra hoxe máis que nunca podemos ver claramente ata que punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington e do matón Donald Trump.
Esta decisión amosa claramente a Trump como un títere do sionismo e valedor dos intereses do SIONISMO internacional.
Esta terrible decisión de apoiar un novo Holocausto, o do pobo palestino, corre a sangue inocente, un pobo torturado, masacrado, como o pobo palestino merece unha reacción moito máis contundente que o recoñecemento do Estado palestino, porque cando asasinen a todos os palestinos xa non haberá unha nación que defender fronte a barbarie SIONISTA.
O apoio e o veto dos EEUU a tódalas resolucións é un insulto constante a tódolos organismos internacionais, é unha vergoña, nestas circustancias a ONU non debería seguir tendo a sua sede en Nueva York, ainda menos logo de ter negado o visado e polo tanto a assistência ao goberno palestino en contra de practicamente o mundo enteiro.
Os EEUU amosan que nin sequera pensan facer o paripé de respetar certos límites, a nova administración non respetará nada, nin tratados internacionais, nin soberanías nacionais.
¿Quen responderá por toda esta sangue derramada?, Benjamín Netanyahu e os seus cómplices incluído Donald Trump non deberían quedar ser castigo de existir xustiza no mundo.
Incontables son os nenos asasinados, os milleiros de inocentes víctimas da barbarie xenocida israelí. Milleiros os detidos e torturados, tantas familias desfeitas, as casas demolidas, unha nación completamente destruida.
A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror?. Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?.
Non podemos gardar silencio ante a barbarie, os pobos non obedecemos as ordes do Imperio Yanqui. Os pobos seguirán a empurrar aos gobernos cando calan e outorgan, os pobos seguirán berrando a verdade e apoiando a resistencia do pobo palestino.
Hoxe en Palestina sobrevivir é resistir, hoxe Palestina representa a dignidade da humanidade, hoxe a banderita palestina ondea orgullosa no mundo enteiro.