Redacción •  Galicia •  28/12/2023

Esquerda Unida aproba un borrador de preacordo de coalición con movemento Sumar

O martes 26 Esquerda Unida reuniu a Coordinadora Nacional, máximo órgano de dirección, para debater e finalmente aprobar o borrador de documento xurdido entre o equipo negociador de Esquerda Unida e Movemento Sumar para concorrer en coalición ó 18 de febreiro.

Esquerda Unida aproba un borrador de preacordo de coalición con movemento Sumar

A falta das próximas reunións, e ante un escenario cambiante no que recupéranse as teses de aglutinar forzas que sempre defendeu esta organización, seguiremos contribuíndo para poder ofrecer ó electorado galego unha alternativa política que a día de hoxe non ten voz no seu Parlamento e que non debe agardar 4 anos mais por falta de entendemento.

Aceleraremos os contactos para que os detalles pendentes do preacordo cheguen a bo fin e poidamos comunicar un acordo de Coalición en firme e o mais plural posible, no que poidan colaborar e teñan cabida as principais sensibilidades políticas da esquerda federalista.

Esquerda Unida no día de onte tamén aprobou o seu regulamento de primarias cara a elección das persoas candidatas a concorrer ó proceso electoral.


Sumar / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com