Santiago de Compostela: presentarán un acto en recordo dos represariados da II República o 14 de abril

13/04/2017

Xabier Ron exdeputado de AGE no Parlamento Galego e Responsable de elaboración programática da Executiva de Esquerda Unida Nacional e Pablo Nieves coordinador de EU Compostela presentarán un acto en recordo dos represariados da II República o 14 de abril.

Esquerra Unida: "Ás 11:00h do día 14 de abril de 2017 realizaremos un acto no campo da festa de Lavacolla, coordenadas 42.89947, -8.447550, diante do monolito adicado os miles de republicanos represariados que foron usados como man de obra escraba no campo de concentración da Lavacolla que con traballo forzado contruiron a pista de aterraxe do aeroporto militar de Lavacolla. O acto será presentado por Pablo Nieves Coordinador de EU Compostela e Xabier Ron exporá un recordatorio sobre os miles de presos que sufriron neste campo de concentración a represión da dictadura franquista.

Ás 13:00h no mesmo dia 14 de abril realizarase un acto na alameda de Compostela diante do Instituto Rosalia de Castro o caron da estatua das Dúas Marías, no que se fará lectura do manifesto polo 14 de abril de Esquerda Unida "A República quere saír das pedras e vivir na acción política cotiá" e a presentación do escrito "A cotidianeidade da República" por Xabier Ron".
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .