André Abeledo Fernández •  Opinión •  14/12/2025

Estamos con Venezuela Bolivariana, basta de agresións imperialistas

Somos antifeixistas, somos antisionistas, somos antiimperialistas, somos antisupremacistas , e tamén somos internacionalistas e condenamos rotundamente a agresión a Venezuela por parte dos Estados Unidos.

Non queremos máis guerras por petróleo, por recursos enerxéticos, non as guerras de espolio de recursos enerxéticos, as guerras disfrazadas con bulos e mentiras.

Donald Trump recoñeceu publicamente que EEUU pensa quedarse co petróleo de Venezuela, confesou o seu crime antes de cometelo coa confianza de que ninguén vai facer nada, sabendo da sua impunidade.

A excusa da loita contra o narcotráfico e tan falsa como as armas de destrucción masiva en Iraq que levaron a destrucción dunha nación e ao asasinato de máis dun millón de personas, non as mentiras que tentan lexitimar a guerra.

Igual que protestamos e esiximos medidas contra Israel polo xenocidio e a ocupación ilegal de Palestina, esiximos tamén que os Estados Unidos cesen a ilegal agresión contra Venezuela.

Sentímonos na obriga moral, ética, e humana, de esixir que se levanten as sancións contra o pobo venezolano, que paren as agresións e as inxerencias, basta de abusos do goberno de Donald Trump que amiaza ao mundo, une Trump que escolleu a forza e non se diplomacia para impoñer a sua vontade aos pobos do mundo.

Non a guerra de espolio dos Estados Unidos contra Venezuela, non ao roubo dos recursos enerxéticos venezolanos, non as agresións e amiazas a calquera que defende a sua soberanía e a dignidade dos pobos.

Venezuela ten dereito a defender a sua indepencia, a defender a sua soberanía, a non querer ser unha colonia dos Estados Unidos do ultradereitista Donald Trump, que non acepta volver a ser o patio traseiro de ninguén.

Estamos coa verdade, coa dignidade, contra as agresións supremacistas do imperialismo, estamos con Venezuela porque creemos na Xustiza e non na lei do máis forte, quereremos un mundo máis xusto onde non impere a lei d selva.

Lembremos como as brigadas internacionais viñeron ao Estado español a loitar contra o fascismo na chamada guerra civil, agora debemos formar unhas novas brigadas internacionais para loitar 

contra o supremacismo feixista, contra o Imperialismo de rapiña Ianqui que ataca a Venezuela Bolivariana, para loitar pola paz, a soberanía, e a dignidade dos pobos.


Opinión /