André Abeledo Fernández •  Opinión •  29/04/2025

Un apagón sintoma dun problema sistemico e de modelo económico

O problema é complexo, dende un punto de vista socialista o sector privado non debe ter cabida en sectores estratéxicos, tampouco na comercialización de enerxía que debería ser un bem común completamente regulado polo Estado.

Pero sen dúbida hay un problema de modelo económico que na actualidade esta baseado no crecemento infinito que pode levar ao colapso ao sistema en calquer momento.

Existe tamén a teoría de que o apagón foi debido a un fallo técnico provocado pola excesiva dependencia das enerxías renovables, debido a inestabilidade que estas provocan a rede.

A humanidade de momento non ten unha infraestructura que permita evitar estes fallos.

O sector privado e a codicia das compañías electricas tamén pon o sistema ao límite posto que o seu único obxetivo vai ser ter os máximos benefícios coa mínima inversión en infraestructuras e capital humano.

Do tema e técnico non me vexo coa capacidade de opinar, pero xa o ano pasado houbo catro apagóns de emerxencia.

Os sectores estratéxicos, as enerxías, o absceso a auga, as comunicacións, o transporte, son sectores básicos para a sociedade, como o é a sanidade ou a educación, teñen que ser públicos, estar en mans do Estado, e non poder ser un simple negocio.


Opinión /