André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/09/2025

Venezuela bolivariana está no lado correcto da historia

Venezuela sempre con Palestina, EEUU sempre con Israel. Dime con quen andas e te direi quen eres.

A loita contra a droga é a excusa, a mentira, a coartada, para ameazar e agredir a quen non se axeonlle ante o amo Trump. EEUU é o maior consumidor de drogas do mundo, os multimillonarios norteamericanos enriquecense co tráfico de drogas pero ningún vai o cárcere.

George Bush inventouse o «ataque preventivo» como coartada para destruir outras nacións, e Donald Trump a loita contra a droga. Para Israel e os EEUU, para Trump e Netanyahu, a legalidade internacional é papel mollado e os dereitos humáns non existen.

Dende a victoria nas eleccións de Hugo Chávez en 1998 comezou o acoso e derribo dos EEUU a revolución bolivariana. O golpe de Estado en Venezuela de 2002 contra Hugo Chávez e a revolución bolivariana o deu a oligarquía co apoio dos EEUU.

Estados Unidos é cómplice de Israel no XENOCIDIO palestino, non so veta as resolucións Internacionais contra Israel, Donald Trump e o seu goberno fascista apoian incondicionalmente ao criminal condenado por crímenes de Lesa humanidade polo tribunal internacional Benjamín Netanyahu.

Ademáis EEUU é o gardacostas do Israel SIONISTA e nestes intres, en pleno XENOCIDIO planea a venta de equipo militar a Israel de 6 mil millóns de dólares.

Según o Wall Street Journal, a administración Trump pedirá ao Congreso que aprobe a entrega dun enorme arsenal de armas a Israel. Un paquete de máis de 6 mil millóns de dólares para apoiar o equipamiento militar israelí, sen os Estados Unidos o XENOCIDIO non sería posíbel. 

Nin EEUU, nin Israel, nin os seus aliados, poden dar leccións de nada a ninguén, non son exemplo de nada, aínda menos de dereitos humáns, libertade de expresión, ou de democracia, non poden dar leccións a Venezuela ou a calquera país do mundo. 

Venezuela apoia dende o comezo da Revolución bolivariana a Palestina e apoia con axuda humanitaria tanto ao pobo palestino, como ao pobo saharaui exiliado no deserto do Sáhara en Alxeria.

Namentres que os EEUU apoian a o Israel sionista e xenocida de Benjamín Netanyahu, ou ao sátrapa rei de marrocos que ocupan territorios ilegalmente e saltanse tódalas resolucións Internacionais grazas ao apoio do imperio Ianqui.

Para saber onde debemos estar basta con saber a quen temos enfrente, teño claro que estou coa dignidade, estou con Venezuela e Palestina, contra o Imperio Ianqui que esta a impoñer os seus desexos pola forza e o Israel sionista e xenocida.

Decir a verdade é um acto revolucionario.


Opinión /