André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/09/2025

Motivos para que Israel non participe en ningún evento, concurso ou competición deportiva en Europa

1. Israel está cometendo un xenocidio contra o pobo palestino.

2. O presidente de Israel e parte do seu goberno teñen sido condeados polo tribunal internacional por crímenes de lesa humanidade.

3. Israel leva dende a sua fundación no 1948 unha política de ocupación ilegal de territorios, limpeza étnica, apartheid, terrorismo de Estado, e ten ignorado tódalas resolucións Internacionais.

4. Israel non esta en Europa.

5. Israel ten chegado a espiar aos gobernos da Unión Europea e os seus presidentes, incluido a España.

6. A inmensa maIoría dos cidadáns teñen humanidade e empatía, defenden o dereito de Palestina a existir e condenan o xenocidio israelí.

7. Europa prometeu despois da segunda guerra mundial que non voltaría a dar as costas a un xenocidio como fixo co Holocausto do pobo xudeu, ou co xenocidio armenio.

8. Porque nada xustifica o asasinato de nenos e civiles inocentes, porque non é aceptable que os nenos sexan obxetivos militares, máis de 30000 teñen sido asasinados.

9. Porque o SIONISMO é unha teoría supremacista que considera que Israel por dereito divino é o amo do resto da humanidade. SIONISMO, NAZISMO, ou FASCISMO son teorías supremacistas.

10. Para poder seguir sendo humanos.

A bandeira da Palestina é a bandeira da dignidade, a de Israel é hoxe a bandeira da barbarie e da vergoña.


Opinión /