Israel comete un xenocidio de libro e de diccionario
Según o diccionario a definición é a seguinte:
«XENOCIDIO: Exterminio ou eliminación sistemática dun grupo humano por motivo de raza, etnia, relixión, política ou nacionalidade. Usado tamén en sentido figurado.»
En dereito internacional, xenocidio refírese aos actos cometidos coa intención específica de destruir, total ou parcialmente, a un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso, según a Convención das Nacións Unidas de 1948. Este delito internacional abarca cinco tipos de actos: matar membros do grupo, causarlles dano corporal ou mental grave, sometelos a condicions de vida calculadas para provocar a sua destrucción física, impoñer medidas para impedir nacementos dentro do grupo, ou transferir forzadamente a nenos dun grupo a outro.
O que fai o Israel sionista en Palestina encaixa ao 100% e perfectamente na definición de xenocidio. Negar o xenocidio israelí é unha mostra de profunda ignorancia, de hipocresía, ou de complicidade por acción ou por omisión coa barbarie sionista e o Holocausto do pobo Palestino.
A historia non absolverá nin aos culpables nin aos cómplices do xenocidio do pobo palestino.