André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/09/2025

EEUU intenta provocar unha guerra de rapiña contra Venezuela

EEUU continúa provocando agredindo a Venezuela, preparando unha coartada para invadir e roubar os seus recursos enerxéticos.

A agresión de EEUU a Venezuela coa excusa de loitar contra o narcotráfico é unha cópia batata do conto das inexistentes armas de destrucción masiva en Iraq, unha mentira repetida e unha posta en escena para convencer ao pobo norteamericano de que este novo bulo inventado é a realidade.

Xunto ao terrible XENOCIDIO en Palestina, coa agresión a Venezuela, o novo orden medieval onde imponse pola forza a barbarie da ultradereita marca cal vai ser a sua folla de ruta, impoñer a sua vontade aos pobos do mundo pola forza das armas porque non teñen a forza da razón.

Venezuela é neste momento a primeira liña de batalla contra o feixismo e a ultradereita, é la trincheira da humanidade contra as ideoloxías supremacistas e as visions imperialistas das relacions internacionais.

A Republica Bolivariana de Venezuela é campo de batalla contra o fascismo como o foi a República española do Frente Popular en 1936 contra o golpismo fascista, o feixismo italiano, e a Alemaña NAZI.

Durante a mal chamada guerra civil contra a Republica española, que foi realmente unha guerra contra o feixismo internacional e as oligarquías privilexiadas, o pobo loitou na defensa da sua libertade e a sus soberanía, os países Occidentais supostamente democráticos deron as costas a republica, a URSS e México axudaron a republica da esperanza.

Máis se cadra lo máis emocionante e heroico foi a chegada de milleiros de voluntarios dende todo o mundo para loitar contra o fascismo, alemanes, italianos, franceses, norteamericanos, chinos, polacos, irlandeses, escoceses, ingleses, de tódolos continentes chegaron os antifeixistas, civiles, traballadores, dispostos a loitar e a morrer pola causa da libertade.

En 1936 Occidente puido axudar a Republica española contra o fascismo e vencer o monstruo para evitar a segunda guerra mundial, pero decidiron non facer nada e permitir que o fascismo aplastase a resistencia popular antifeixista.

Toda a esquerda internacional debe estar agora con Venezuela para defender o seu dereito a ser libre, decidir o seu destino, manter a sua soberanía e a sua independencia fronte ao imperialismo Yanqui.


Opinión /