André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/09/2025

EEUU e Israel son os países máis odiados do planeta por méritos propios

Os EEUU e Israel son os países máis odiados do mundo por méritos propios, expertos en xenocidios, invasións, terrorismo de Estado e de falsa bandeira, sancións e bloqueos criminais, asasinatos, magnicidios, e non so contra os pobos do mundo tamén contra os seus propios cidadáns.

O eixo do mal se encarna nestes dous países e os seus satélites, os seus mamporreiros, os sus servos, porque os supostos aliados son tratados como lacaios e arrastranse como gusanos, Arxentina, O Salvador, Ecuador, Trinidad e Tobago, Perú, a Unión Europea, son simplemente servos obedientes do amo Trump.

EEUU ameaza unha vez máis a Venezuela namentras a sanciona e a bloquea, como levan décadas facendo con Cuba, teñen destruido Estados para devolver a pobos a Idade Media en Iraq, Siria, Libia, Afganistán, para poder roubar os seus recursos enerxéticos, sempre xustificándose con mentiras e bulos difundidos polos seus medios de desinformación e as redes sociais.

Os mesmos que destruíron Iugoslavia e provocaron unha guerra civil sanguenta, os que bombardearon sin piedade Belgrano estan detrás das causas da guerra na Ucraína coa sua política de expansión da OTAN, unha organización criminal al servizo dos intereses das grandes multinacionais e do imperio Ianqui.

EEUU apoia o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel, sin o respaldo dos EEUU non sería posíbel o Holocausto palestino, Israel conta con Washington, con a Casa Branca para evitar sancións de calquera tipo e poder continuar o xenocidio en Palestina sin que ninguén os amole, cos EEUU utilizando sempre que pode o seu dereito a veto ante calquer resolución internacional contra Israel.

Dende a queda da URSS e do bloque socialista os EEUU teñen convertido o mundo no seu patio traseiro, teñen feito e sobre todo desfeito, e pretenden que ese orden unilateral baseado na forza das armas manteña a tódolos pobos do mundo de xeonllos.


Opinión /