Venezuela non é unha dictadura, é un exemplo de dignidade
Progres dicindo que Venezuela é unha dictadura porque o di a oposición venezolana, recordarlle a esta xente que a dereita española tamén di que este goberno é ilexítimo querendo ignorar a Constitución e o sistema electoral do Estado español do xeito máis hipócrita.
María Corina Machado e a oposición venezolana son da mesma familia, irmáns xemelgos de Santiago Abascal e VOX, do PP de Ayuso, ou de Milei e os Libertos, son lacaios e mamporreiros de Donald Trump e a sua internacional fascista e de Benjamín Netanyahu e o Israel SIONISTA e XENOCIDA.
Un resultado electoral pode non gustar, alguen pode entender que o pobo equivocase ao votar, pero en democracia goberna quen ten detrás a maioría social tanto no Estado español como en Venezuela.
O sistema electoral venezolano é un dos máis seguros do mundo, está completamente informatizado e para votar é necesaria a huella dactilar do votante, observadores internacionais de todas as nacionalidades e de distintas ideoloxías teñen corroborado aa limpeza do sistema electoral e das eleccións en Venezuela, é imposible facer trampa, o sistema de votación en Venezuela é moito máis seguro que o español o que o norteamericano.
Tongo e trampa ten habido en repetidas ocasións nos EEUU, cun sistema que ten amosado que é fácil de manipular e que exclúe da posibilidade de votar a unha parte moi importante da poboación norteamericana, curiosamente aos máis pobres, un sistema complexo, clasista e anticuado destinado a perpetuar o bipartidismo entre Republicáns e Demócratas.
Aínda lembro cando se acusou a Hugo Chávez de dictador porque o goberno venezolano non lle renovou a licencia a unha cadena de televisión que tiña participado na desinformación durante o intento de golpe de Estado contra Hugo Chávez en 2002.
Agora Donald Trump vai moito máis lonxe ao ameazar con quitar a licencia as cadeas que critican ao seu goberno, non falamos de non renovar unha licencia algo que é potestade do goberno, falamos de retirar unha licencia para que non exista critica, eso é censura, eso é dictadura, e non vexo a comunidade internacional denunciando ese novo atropelo contra as liberdades nos EEUU, un novo paso cara a dictadura Trumpista no Imperio Ianqui.
En Venezuela non hai unha dictadura, existe un goberno que non é do gusto dos EEUU, do Israel sionista, da ultradereita da Unión Europea e da ultradereita americana, que cando non poden gañar nas furnas sempre se dedican a deslexitimar, a sancionar, a bloquear, a inxerir ou agredir, a aquelas nacións que non estan dispostas a renunciar a sua soberanía e a poñerse de xeonllos, como é o caso da Venezuela Bolivariana.
O pobo venezolano a pesar dos continuos ataques contra a sua economía e contra a sua democracia, dos intentos de inxerencia, dos chamamentos dunha oposición vendepatrias ao servizo de EEUU e Israel, chamamentos a golpes de Estado e invasións extranxeiras, mantense digno e «rodilla en tierra», defendendo a sua dignidade e a sua soberanía. É hora de deixarse de hipocresía.
Venezuela esta coas causas xustas, con Palestina, co pobo saharaui, axudando aos pobos oprimidos do mundo na medida das suas posibilidades, namentres que a oposición venezolana esta apoiada polo sionismo internacional, polo Israel xenocida de Benjamín Netanyahu, e polo imperialismo dos EEUU do matón de ultradereita Donald Trump.
Venezuela está na primeira liña da loita antifascista, é a trincheira da dignidade dos pobos do mundo fronte ao abuso e a traizón dos vendepatrias ao servizo do amo Trump e do criminal condeado Benjamín Netanyahu.