André Abeledo Fernández •  Opinión •  24/01/2026

Antifascistas con Venezuela (Ferrolterra) amosan apoio ao Cónsul de Venezuela

A conexión histórica do eixo proletario Ferrol-Vigo foi escenario dun emotivo encontro de confraternización onde unha delegación de Antifascistas con Venezuela (Ferrolterra) recibíu ao Consulado de Venezuela en Vigo.

Martín Pacheco (Cónsul de Venezuela) na súa visita a Ferrol, rendeu homenaxe á loita da clase obreira galega na simbólica Praza 10 de Marzo, no popular barrio de Recimil. Ao mesmo tempo, manifestou a importancia da solidariedade internacionalista, especialmente nestes momentos de brutal ofensiva imperialista e agresión á soberanía dos pobos.

Antifascistas con Venezuela (Ferrolterra), colectivo de recente creación que aspira a agrupar de xeito amplo e honesto a solidariedade con Venezuela reitera ante o Cónsul o compromiso coa revolución bolivariana e a solidariedade incondicional co goberno e o pobo venezolano que libra unha dura batalla contra o imperialismo.

Materialízase así un compromiso de apoio e colaboración que será o pistoletazo de saída dunha campaña internacionalista en toda a comarca de Ferrol-Eume-Ortegal.

Todas as persoas interesadas en aportar o seu grao de area, na medida das súas posibilidades, poden contactar escribindo a antifasconvenezuela@gmail.com

ANTIFASCISTAS CON VENEZUELA

(Ferrolterra, 16/1/26)


Opinión /