Nós tamén fumos emigrantes
A mentira de que a emigración española foi reglada e regulada é outro bulo da ultradereita, outro intento de manipular e prostituir a historia.
Os meus bisavós por parte de nai e pai emigraron a Brasil e Cuba, sen contrato, a aventura, para tentar atopar unha vida mellor en tempos de pobreza e miseria no Estado español.
Un dos meus bisavós morreu no Brasil e o seu corpo nunca volveu, outro volveu de Cuba 20 anos despois, pero ningún dos dous tivo sorte na emigración, un atopou a morte en Río Grande do Sul e o outro no atopou a fortuna en Cuba.
O meu tio avó emigrou a Nueva Orleans, traballou alí toda súa vida rodeado de outros galegos por iso nin o idioma aprendeu e volveu a morrer a Galiza, tampouco houbo sorte.
A maioría destes emigrantes non atoparon a mellor vida que buscaban, foron explotados, fixeron os traballos máis duros, foron motivo de burla pola súa falta de educación pois moi poucos tiñan estudos, só unha minoría atopou a fortuna.
Nesas primeiras emigracións non había documentos en regla nin hostias, houbo sofrimiento e familias rotas, traballos en moi malas condicións e moita dor e incerteza.
Tamén tiven familia traballando en Alemaña ou Suiza pero eran outros tempos, tamén buscaban mellorar as súa vida as vidas das suas famílias facendo os traballos máis duros en países máis ricos, con esos países necesitando man de obra barata.
Os galegos somos fillos dunha nación de emigrantes, por iso é porque teño memoria e respecto aos meus antergos sinto tanto desprezo cara os racistas.