O premio Nobel da desvergoña é para María Corina Machado
¿María Corina Machado premio Nobel da Paz?, ¿que será o próximo?, ¿Milei Nobel de economía?, ¿Netanyahu carniceiro do ano? y ¿Trump Mr. pelo bonito?.
Fai tempo que o premio Nobel é un instrumento político, pero ten baixado de categoría e agora é un chiste malo, unha broma, un insulto.
Alfred Nobel fíxose millonario coa industria armamentística e creou o premio para lavar a sua conciencia e a sua reputación, morreu pensando que funcionaria, mais os membros da academia noruega teñense esforzado moito en cagala para manchar o seu nome, a estratexia de limpeza non funcionou.
Premio Nobel da Paz para María Corina Machado, unha fascista que pide a intervención militar contra Venezuela. En Venezuela os opositores pensan que os misiles norteamericanos van a diferenciar entre opositores e chavistas, non se entende tanto descoñecemento da historia e tanta ignorancia xunta, que miren a Siria, Libia ou Iraq.
María Corina Machado ten apoiado a Israel no xenocidio do pobo palestino dun xeito público e incondicional, ten apostado por Israel e a sua política de exterminio.
María Corina Machado e o seu partido Vente Venezuela asinaron un acordo de cooperación co LIKUD, o partido do xenocida Benjamin Netanyahu. Non tería sido peor dar o premio a Donald Trump, un premio que tanto añoraba para lexitimar o seu militarismo e expansionismo, como no seu momento llo deron a Barack Obama ou a Henry Kissinger un dos terroristas da CIA máis terribles da historia.
A María Corina Machado a chaman agora «a dama de ferro», como Margaret Thatcher, a oposición venezolana non ten ni imaxinación e lle poñen o nome da política británica que ordenou tomar as Malvinas arxentinas a sangue e lume, a mesma Margaret Thatcher a quen o actual enfermo presidente da Arxentina, Milei di ser un gran admirador, o mundo está tolo.
A verdade é que María Corina Machado da esperanza a tódolos políticos inútiles da ultradereita e abre a porta a xente do nivel de Milei, Bolsonaro, Bukele, Noboa, Ayuso, Abascal, Feijóo a poder gañar algún día un premio Nobel do que sexa.