Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón •  Opinión •  18/07/2016

EU Narón presentou unha Moción para declarar a Narón «MUNICIPIO LIBRE DO TRÁFICO DE MULLERES E NENAS»

André Abeledo explica que «a prostitución é unha forma de explotación que debe ser abolida e non unha profesión que hai que regulamentar porque é unha forma de violencia de xénero extrema: «o que as mulleres prostituídas e homes teñen que soportar equivale ao que noutros contextos correspondería a definición aceptada de abuso sexual e violación reiterada. ¿O feito de que se pague unha cantidade de diñeiro pode transformar ese abuso nun «emprego», o que se lle quere dar o nome de “traballo sexual”?»

 

Defende que «regular a prostitución lexitima implicitamente as relacións patriarcais». «O lexitimala convertese nun soporte do control patriarcal e de suxeición sexual das mulleres».

Abeledo defende que legalizando a prostitución reforzase a normalización da prostitución como unha «opción para as pobres».

«Si convertemos esta violencia nunha  profesión como outra calquera para as mulleres. ¿Como poderemos educar para a igualdade nunha sociedade onde as nenas saberán que no seu futuro poden ser prostitutas, vendo a outras exhibirse en escaparates o estilo do barrio vermello de Holanda, e os rapaces saberán que poden usalas para o seu desfrute sexual si teñen o suficiente diñeiro para pagar por elo?». 

 

«Cambiar o destino das mulleres e homes que están na prostitución pasa por plantexar un sistema económico xusto e sostible que incorpore en igualdade a ambos sexos. Cambiar o seu destino pasa por perseguir as mafias e non favorecer a súa instalación no noso país con leis permisivas e con modelos económicos baseados no tixolo ou en “Eurovegas” nas nosas cidades. Cambiar o seu destino pasa por transformar a mentalidade dos varóns, non só con multas que lles quiten as gañas senón con unha educación que obrigue aos medios a cambiar a imaxe da muller como obxecto sexual e aos homes a corresponsabilizarse emocional e vitalmente. Cambiar o seu destino pasa porque os dereitos das mulleres deixen de ser dereitos de segunda e pasen a formar parte de verdade dos dereitos humanos.

Dise que a prostitución sempre existiu, din. Tamén as guerras, a tortura, a escravitude infantil, a morte de miles de persoas por fame. Pero esto non é proba de lexitimidade nin validez. Temos o deber de imaxinar un mundo sen prostitución, o mesmo que aprendemos  a imaxinar un mundo sen escravitude, sen apartheid, sen violencia de xénero, sen infanticidio nin mutilación de órganos xenitais femininos. Só así poderemos manter unha coherencia entre os nosos discursos de igualdade na sociedade e na educación e as prácticas reais que mantemos e fomentamos.»

 

Os ACORDOS que se solicitan o Pleno nesta Moción son os seguintes: 

 

1.- O noso Concello adhírese a rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados a prostitución.

2.- O noso Concello deseñará unha campaña periódica para sensibilizar e convencer a poboación de que a prostitución é igual a violencia de xénero e explotación sexual das mulleres, visibilizando ao denominado eufemisticamente «cliente», sempre no anonimato e xustificado socialmente, buscando deslexitimar social e publicamente aos prostituidores, protagonistas, actores responsables e cómplices activos nesta forma de violencia de xénero.

3.- O noso Concello exixirá ao Goberno Central e a Xunta de Galicia que se aplique realmente a lei, perseguindo o tráfico de mulleres e persoas, e aos proxenetas que están campando as súas anchas nos clubes e bordeis de carreteira que todo o mundo coñece.

4.- En colaboración coa Administración Central e Autonómica o noso Concello centrará a acción na erradicación da demanda, a través da denuncia, persecución e penalización do prostituidor (cliente) e do proxeneta, exixindo ao Goberno Central que estableza de forma urxente una normativa que penalice, como en Suecia, aos homes que compran a mulleres con fines de comercio sexual, con penas de cadea de ata 6 meses e multa.

5.- O noso Concello, seguindo o exemplo da normativa sueca, en ningún caso dirixirá a súa acción contra as mulleres prostituidas, nin pretenderá a súa penalización ou sanción, senón que, en colaboración coa Administración Central e Autonómica, proveerá de fondos para servicios sociais integrais que sexan dirixidos a calquera prostituta que desexe deixar esa ocupaciónaxudando as mulleres que abandonen a prostitución.

6.- O noso Concello apostará tamén por unha intervención preventiva das causas fronte a represora das consecuencias, exixindo ao goberno e as administracións centrais e autonómicas erradicar a precariedade do mercado laboral e as condicións de explotación que nel se viven, que provocan o que a prostitución sexa a veces a única alternativa para poder pagar as débedas ou manter a familia. En vez de beneficiarse dos impostos recadados da industria do sexo, exixiremos ao goberno que embargue os bens da “industria do sexo” para invertelos no futuro das mulleres que están na prostitución proporcionando recursos económicos e alternativas reais.

7.- O noso Concello instará ao Goberno Central e Autonómico para que estableza a normativa que impida que os medios de comunicación, tanto impresos como audiovisuais, se lucren coa explotación sexual das mulleres ofertando servicios sexuais en anuncios ou publicidade, que supoñen unha forma de colaborar coa prostitución que controlan proxenetas e mafias e unha forma de colaborar coa violencia contra as mulleres.

8.- Dar traslado de la presente Moción ao Goberno Central, a Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso, dos Deputados e do Senado.


Opinión /