A miña avoa faleceu con 98 anos de idade, a «axuda» da Xunta de Galicia nunca chegou
A miña avoa morreu con 98 anos, nestes últimos anos da súa vida a teño coidado o mellor posible, o único que lamento é non ter feito máis, supoño que é un sentimento que compartimos todos aqueles que perdemos a un ser querido, a unha persoa que amamos.
Sei que é unha idade ondea morte é normal, esta presente, máis nunha persoa tan maior e cunha saúde tan delicada, pero ainda que pensei estar preparado para este momento teño chorado como un neno a sua morte, a botarei moito de menos, era a miña avoa e a miña nena, pola demencia e o feito de non poder moverse facian dela unha nena indefensa e delicada a quen había que coidar e tentar de comprender.
Teñen sido anos difíciles, pero daría todo porque houbesen sido moitos máis, porque siguese aquí conmigo, por seguir coidando dela. Ainda vou a sua habitación a ver como está pero non está e nese momento en que son consciente de que non volverá síntome moi triste, nese sentido seguramente calquera sentiría o mesmo ou algo moi parecido.
Alegrome de que simplemente péchase os ollos e se fose, do ben que soubo irse, o ben que soubo facelo, non o olvidarei.
Dóeme pensar o tipo de sociedade na que vivimos, mediocre, enferma, falta de empatía, chea de mentiras e de hipocresía.
A miña avoa cos seus 98 anos morréu agardando pola axuda a dependencia anunciada pola Xunta de Galicia de 4000 euros anuais, apesar das reclamacións e da resposta tanto da Xunta de Galicia como da Defensora do pobo de que estaban nelo, a axuda para esta muller que traballou toda a sua vida nunca chegou.
A verdad renunciaría mil veces a ese diñeiro por estar un día máis coa miña avoa e poder coller a sua man, darlle unha aperta e poder mirala.
Non entendo como unha persoa da idade edad da miña avoa, ou unha persoa cunha enfermidade terminal ten que esperar máis dun ano de burocracia, realmente son plazos que buscan que a persoa morra antes de recibir a axuda, son axudas para sacar notas de prensa e dar discursos políticos, son anuncios sin alma, sin empatía, auténticas burlas a razón e ao sentido común que reflexan o xeito de actuar dunha sociedade enferma.
A miña avoa por desgracia para os que a queremos xa non está con nos.
Pero moitos outros galegos continúan agardando por esa pequena axuda, unha axuda insuficiente, pero que tamén para moitas familias como a miña vai a ser inexistente, porque coas demoras a axuda non vai a chegar, porque a persoa xa terá falecido.
Namentres estan decidindo si a situación da miña avoa é suficientemente grave, unha vez entregada toda a información, co informe médico fai meses xunto con toda a documentación que pide a Xunta, que foi entregada nos servizos socias, a miña avoa morreu, por sorte rodeada da sua familia.
Penso que simplemente vendo a data de nacemento da miña avoa, nacida un 13 de Abril de 1927 debería ter sido suficiente para recibir a axuda con urxencia, pero o caso é que se teñen aforrado esa axuda gracias a absurda burocracia, como tantas outras, despois de tela vendido a sociedade.
A Xunta de Galicia tomase o seu tempo, tempo que non teñen as persoas, eso supoño que segue en Santiago de Compostela na mesa dalgún funcionario namentras enterramos a miña avoa.
A miña avoa se chamaba Josefa, conocida por Josefa de Lino, naceu no 1927, traballou toda a vida no campo e na casa, coas vacas, facendo queixos, vendendo flores, pagou a agraria e viviu con pouco durante case un século, con todo non mereceu a atención da Xunta de Galicia nin de ningunha administración pública, pero tiña a sua familia, pobre de aqueles que non teñan familia.