André Abeledo Fernández •  Opinión •  11/10/2021

Ter ou non ter conciencia de clase, o ser ou non ser da clase traballadora

Dicía Julio Anguita que as traballadoras e traballadores tiñan asumido a «moral do escravo».
É unha verdade como un templo, traballadores con medo a facer uso dos seus dereitos, con medo a ficar na casa cando están doentes, traballadores con medo a dicir «non» e dispostos a casi calquera cousa para non perder o seu emprego.
Traballadoras e traballadores que entregan o seu tempo libre, a súa saúde fisica e mental, a unha empresa que vailles dar a patada cando xa non sirvan.
Porque as multinacionais non entenden de agradecemento, non recoñecen o esforzo e só poñen en valor o beneficio económico.
Unha clase traballadora sin conciencia de clase que sientese traizoada, desgraciadamente con razón, polos sindicatos «maioritarios».
Uns sindicatos maioritarios que funcionan máis como unha xestora que como un sindicato de clase, ou peor, posto que en moitas ocasións son cómplices dos abusos da patronal.
Vivimos nun estado mental que xa non ten como base o analfabetismo, a relixión e o medo, destos tres ingredientes mantense fortemente enraizado o medo como parte fundamental da estratexia da oligarquía.
Os anos de manipulación teñen logrado que o pensamento pequenoburgués, neoliberal e pro patronal teña sido interiorizado pola clase traballadora.
O adoctrinamento empeza na escola e segue nas nosas casas, tamén chega dende os medios de desinformación de masas e está presente nos nosos postos de traballo a modo de charlas, cursos, etc.
Cando repetimos frases feitas como “non mordas a man que te da de comer” estamos asumindo que o empresario ten a ben que comamos, que nos fan o favor de darnos un traballo para poder sobrevivir e que debemos estarlle moi agradecidos.
Tratannos de convencer de que debemos facer os maiores esforzos pola empresa.
Esquecemos que grazas a “plusvalía” derivada da nosa forza de traballo o empresario  enriquecese, os traballadores olvidamos que en realidade unha empresa pode funcionar só con traballadores, pero non pode facelo só co empresario. E niso radica a nosa forza como clase maioritaria.
Agora que se achega o momento de facer fronte a unha depresión económica brutal, unha crise sistémica dunha magnitude que aínda descoñecemos e que vai a poñer contra as cuerdas ao sistema capitalista, precisamos máis que nunca recuperar a conciencia de clase.
Faise urxente que as traballadoras e traballadores sexan conscientes da necesidade de organizarse a nivel sindical e político en organizacións que realmente defendan os seus sus intereses de clase.
Debemos ademáis esixirlle a un goberno que se di de esquerdas que tome partido, non debe ser un simple árbitro no chamado «diálogo social», esa baralla fai tempo que ten as cartas marcadas e estes non son tempos para xogos. Deben poñerse ó carón da clase traballadora e compartir trincheira na batalla inevitable que se avecina.
Nos necesitamos, as organizacións de clase precisan das traballadoras e traballadores rabajadores e viceversa. Nesta guerra de clases sin organización e conciencia, nos esperan anos oscuros, de retrocesos socias, pérdida de dereitos, de liberdades  miseria, moita miseria.
Por ese motivo debemos exixir, empurrar e participar nas organizacións que defendan realmente os intereses da clase obreira.
Son tempos de pandemia, de crisis e dificultades. Pero tamén de loita e de cambio. Nas nosas máns está coller o timón das nosas vidas e vencer.
As traballadoras e traballadores necesitamos dúas vacinas, unha contra o COVID-19 e outra para recuperar a conciencia de clase.
A oligarquía ten claro a que clase pertence, sabe cales son os seus intereses, están ben organizados e teñen poder e diñeiro. Os seus intereses son contrarios ós nosos e incompatibles con a xustiza social e o benestar da maioría.
O lóxico sería que como sociedade e como clase social houbesemos aprendido unha gran lección, cando a clase traballadora para nada  funciona e os traballadores esenciais non són os grandes directivos, nin os empresarios multimillonarios.
Os traballadores realmente esenciais són os sanitarios, os educadores, os traballadores dos supermercados, os servizos de limpeza, as xelocultoras, as persoas de axuda a domicilio, os conductores de ambulancias, os camioneiros e un longo etcétera de traballadoras e traballadores mal pagados e moi infravalorados.
Estamos no mesmo mar pero uns navegan no seu luxoso iate, outros na súa lanchiña de remos, mentres que outros nadan con todas as súas forzas para non afogarse.
As traballadoras e traballadores necesitamos organizarnos a tódolos niveis, a nivel sindical, a nivel político, a nivel solidario para enfrentarnos a unha das batallas máis duras.
Imos a precisar moito máis que aplausos e boas intencións para defender os nosos intereses como clase traballadora, o noso presente e o futuro dos nosos fillos.
André Abeledo Fernández (Delegado da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /