Galego, Euskera e Catalán son idiomas de primeira, como todos, e Ayuso non ten categoría
É preciso respeitar para que te respeten, o español non existe, chámase castelán e o noso idioma é tan antigo ou máis que o voso e merece o mesmo respeito, nin máis, nin menos, namentres non nos respecten nunca poderemos sentirnos parte dun país así.
O meu idioma é o galego, teño a ventaxa de ser bilingüe, e de saber varios idiomas. España é o único país onde se da un valor patriótico a ignorancia, a ser un MONOlingüe incapaz de entender nada como selo de españolidade facha. Ayuso, Feijóo, Rueda, Abascal, son iguais. Rajoy non podía falar con ninguén cando ia a Bruselas porque non sabía nada de inglés.
Defendo o galego, un idioma que falan máis de tres millóns de persoas, o galego-portugués un idioma falado por máis de 280 millóns de persoas, o catalán un idioma falado por 9 millóns de persoas, e o euskera un idioma falado por máis de 700000 persoas, por sorte teño a gran ventaxa de ser bilingüe e saber varios idiomas, os meus fillos falan galego, portugués, castelán, inglés e francés, prefiro iso a ser un monolingüe incapaz de entender nada por cerrazón e ignorancia.
A vitória da Galiza é seguir existindo depois de séculos de abusos e humillacións.
Despois de séculos de humillación, desprezo e brutalidade colonial para co noso pobo por parte de España, seguimos existindo.
Galiza segue sendo unha nación cun idioma, unha cultura y unha historia propias.
Xa ninguén lembra dos desprezos históricos: «Antes puto que gallego», escribíu Quevedo; «sórdidos gallegos», pontificou Camoens, ignorante do seu orixen galaico. Nos inxuriou Góngora, nos defendeu Tirso e ata Pessoa, en boca do seu traductor Ángel Crespo, nos adxetivou como «maquinas de sudor».
Unamuno sostuvo sen pudor que «el gallego fue creado para el descanso del asno». “Los gallegos no se colocan en predicamento, porque no son alguien”
(Miguel de Cervantes).
Moitos máis cercanos os 40 anos de Franquismo e dictadura españolista onde tamén sufrimos o recrudecimiento dos ataques sobre a nosa nación, contra a Galiza.
Os xornais da época na Galiza publicaban aquelas notas insultantes dicindo aquelo de “no sea animal, hable castellano”.
Falar galego na Galiza continúa sendo un acto necesario, atrévome a dicir que ata revolucionario, para seguir sendo.
Debemos continuar a loita para que no Estado español entenda que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría.
O noso idioma continua estando en perigo por acción e por omisión dun goberno da Xunta de Galicia que o menospreza, en vez de defendelo como un tesouro, como parte da identidade do pobo galego, unha parte imprescindible para seguir sendo galegos.
O galego na Galiza foi sempre o idioma da clase traballadora, o idioma do campesiñado, da casa do humilde, o idioma do pobo que non o dos señoritos.
O governo do PP tanto na Galiza como en Madrid viu sempre o feito cho identidario de ter un idioma propio na Galiza, como en Cataluña, ou Euskadi, como un perigo para a sacrosanta unidade do Estado español, como unha agresión ao españolismo rancio que eles representaban.
Non ten idiomas de primeira e de segunda categoría, tódolos idiomas do mundo deberían ser declarados patrimonio da humanidade, porque son moito máis cun xeito de comunicarse, son o froito da evolución dos pobos e da humanidade no seu conxunto, son séculos de construcción dunha comunidade lingüística.
O feito de que no Estado español poidan chegar a convivir catro idiomas como son o castelán, o catalán, o euskera e o galego debería ser visto como un tesouro, como unha posibilidade de enriquecimento mutuo.
Por desgracia no Estado español non é así, segue tendo xente que pensa que falamos galego por amolar, que o facemos por ignorancia, ou que falar galego é un atraso, é xente que non entende nada, e vai a dar igual que o expliques en galego, en castelán ou en chino mandarín, porque non queren entender, os move o odio e o medo ao diferente, os manten na ignorancia a herdanza do nacional catolicismo e do franquismo da «España una, grande y libre» que nunca foi ningunha das tres cousas nesta escura etapa da nosa historia.
Por ese motivo debemos continuar a loita para que no Estado español entendan que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría, que o idioma da Galiza é o galego e iso non é unha agresión, nin unha ocurrencia, é unha realidade ao longo de séculos de historia, que os idiomas non separan si non que abren fronteiras na terra e na mente.
Cando usamos o galego na nosa vida diaria non o facemos por amolar ninguén, nin como unha opción política, o facemos porque estamos na Galiza, porque o galego é o noso idioma, porque nos peta e danos a gana, e sobre todo porque é unha necesidade defender un patrimonio do noso pobo tan importante como o galego.
A nosa obriga como nación, como galegos é a de recuperar e protexer o noso idioma para as futuras xeracións.
Agora Ayuso tamén ten amosado a súa ignorancia e o seu desprezo ao galego, ao catalán e ao euskera, vindo de alguén da categoria de Ayuso non é un insulto, no ofende quén quere, o fai quen pode, Isabel Díaz Ayuso non da o nivel para ofender a ninguén.
Ayuso é un personaxe nulo que protesta polo uso do galego nas institucións, disque polo pinganillo, cando está muller xa usa pinganillo para que Miguel Ángel diga a seguinte barrabasada que ten que soltar, o seu problema en todo caso será ter que usar dous pinganillos.
É unha falta de respeto para nos os galegos, para os catalans e para os vascos, pero ofende quen pode, xa digo que non é o caso. Isabel Díaz Ayuso so podería ser presidenta en Madrid, en ningún outro lugar do mundo.
A principal separatista é Isabel Díaz Ayuso, a que separou as víctimas nas residencias da morte en Madrid dos seus familiares e dos seus seres queridos, a que os separou da vida negando o seu ingreso nos hospitais.
Ayuso está ao frente dun Goberno que aprobou un protocolo euxenésico para deixar morrer aos anciáns doentes en soidade co maior sofrimiento posible nas súas habitacións sin ser remitidos a ningún hospital.
Ayuso é a gran separatista da humanidade básica, da empatía, da razón, dun mínimo de patriotismo, é un ser sen valores, nin ética, nin moral, para quén todo vale e ten convertido a política nun circo ao Milei na Arxentina.
Negarse a escoitar aos representantes dos cidadáns, dos pobos, das nacións do Estado español que teñen o seu propio idioma é unha demostración de fanatismo, do ultradereitismo facha máis rancio e casposo do Estado español, Ayuso é o mesmo que VOX, nin máis, nin menos, e a esas posicións ten arrastrado a Feijóo.
Ayuso falta ao respeto aos pobos, as nacións, as culturas e idiomas do Estado, mais tamén falta ao respeto as institucions e a intelixencia.
Isabel Díaz Ayuso é un exemplo da dexeneración da especie humana, da clase política, da sociedad.
É mostra de que cada día nos enganan persoas con menos talento e sin valores de ningún tipo. Ayuso é a cabeza que enviste, non a cabeza que pensa, e desgraciadamente para os madrileños a teñen ao volante e sin carnet de conducir.