André Abeledo Fernández •  Opinión •  06/11/2025

Venezuela ante o imperio Ianqui, temos un deber internacionalista, precisamos do espírito das brigadas internacionais antifascistas

Camaradas fago este chamamento dende a humildade pero tamén consciente da urxencia e a necesidade de dar unha resposta contra o fascismo e o imperialismo Ianqui que ameaza a República Bolivariana de Venezuela.

Camaradas os EEUU ameazan hoxe a Venezuela e ao pobo venezolano cunha invasión, cunha agresión militar, ameazan a América cunha nova operación Cóndor para colocar dictaduras e gobernos títeres dirixidos dende Washington.

O perigo dun baño de sangue en Venezuela, de sangue por petróleo é real, por eso fago un chamamento a unidade e a organizarnos con urxencia para cumprir co noso deber internacionalista.

Como no caso da defensa do pobo palestino fronte ao supremacismo xenocida do Israel sionista e do goberno do criminal de Netanyahu apoiado polos EEUU, temos a obriga de defender aos pobos agredidos dende o imperialismo fascista como o fixeron as Brigadas Internacionais.

Venezuela Bolivariana ten dereito a decidir o seu destino e temos o deber de decir a verdade.

Estamos vendo en directo a utilización da loita antidroga por parte do maior consumidor e vendedor de drogas do mundo, dos EEUU, para acosar a Venezuela e vender unha nova mentira, que Venezuela é un narcogoberno e Nicolás Maduro o xefe dun Cártel da droga, cando en todo caso o centro mundial do negocio do tráfico de drogas ten sede en Washington e non en Caracas, Bogotá, ou Pekín.

Vemos a amiaza dos barcos de guerra norteamericanos no Caribe, os EEUU son unha ameaza moi real para Venezuela, pero tamén son unha ameaza para todolos países do Caribe, de América e do mundo, un aviso a navegantes de que o Imperialismo Ianqui dirixido agora por Donald Trump pretende usar a forza bruta para impoñer a sua vontade, posto que as sancións e os bloqueos non consiguen os seus obxectivos.

Xigantes como Hugo Chávez, Simón Bolívar, Fidel Castro ou Che Guevara nacen como moito cada século, son irrepetibles,son sementes para construír un mundo novo, o seu exemplo marca o camiño correcto a toda a humanidade, a toda a clase traballadora, por eso o poder e as oligarquías invirten tanto diñeiro e esforzo en manchar a sua memoria con mentiras.

Venezuela e a revolución Bolivariana como Cuba ten sido atacada dende o primeiro momento, coa guerra máis suxa, Venezuela Chavista é un exemplo que asusta ao poder, é a mostra de como un pobo podese empoderar, poñerse en pé e mirar a aos ollos ao imperialismo Ianqui e defender a sua soberanía.

Millóns de dólares invertidos polos poderes fácticos e as oligarquías para confundir a opinión pública mundial, os mamporreiros do sistema teñen feito o seu traballo, as horas de desinformación nos medios de desinformación de masas teñen fabricado unha opinión pública sobre unha realidade moitas veces inventada e sempre manipulada.

A máxima de Goebbels o ministro de propaganda da Alemaña NAZI de que unha mentira repetida mil veces convirtese en verdade segue vixente.

Somos desinformados e enganados sobre o que ocurre no mundo. Dende a vitória aplastante de Hugo Chávez nas eleccións que cambiaron para sempre a Venezuela tentan amosar as Venezuela Bolivariana como unha dictadura, e aos seus presidentes, o tristemente falecido Hugo Chávez primeiro e agora a Nicolás Maduro como a terribles dictadores.

Dende a esquerda ou simplemente dende la xente honesta, non podemos ficar calados diante da campaña de mentiras, non se pode tolerar que dende os medios ao servizo da oligarquía e dende as filas dos “progres do mundo” se manteña a enorme mentira de que en Venezuela hai unha dictadura.

O pobo venezolano escolleu o seu goberno nunhas eleccións democráticas, unhas eleccións limpas que contan con observadores internacionais de todo o mundo.

Debemos recordar cousas tan obvias como que nas dictaduras non se celebran eleccións, que nas dictaduras a oposición non da rodas de prensa, que nas dictaduras non existen medios de comunicación que critiquen ao goberno, que nas dictaduras cando hai protestas nas rúas sacan os tanques, que nas dictaduras os presos políticos non reciben visitas e soen desaparecer ou morrer, que nas dictaduras soen ter fosas comúns e miles de desaparecidos. Venezuela non é unha dictadura nin un narcogoberno, é a vítima dun imperio decadente e os seus secuaces, do imperialismo norteamericano.

No Estado español deberíamos saber o que é unha verdadeira dictadura, a deberíamos ter moi fresca. A realidade é que a oposición venezolana está apoiada polas oligarquía e os poderes económicos nacionais e estranxeiros, está apoiada polos grandes medios de comunicación, está apoiada polos EEUU e polo Israel sionista e xenocida.

Os pobos temos dereito a decidir o noso destino sin inxerencias extranxeiras.

Venezuela é do pobo venezolano, Venezuela é unha democracia. Nicolás Maduro e o pobo venezolano non precisan que os defendamos, mais temos a obriga como antifascistas, antiimperialistas, e internacionalistas de estar do lado da xustiza, da verdade, e contra o supremacismo agresor encarnado en Donald Trump.

Temos un deber por solidaridade internacionalista cos pobos que sofren unha nova agresión do imperialismo Ianqui dirixido por Donald Trump e o seu goberno de fascistas.

Sei que estaredes a altura, como sempre.

Un saúdo revolucionario:


Opinión /