André Abeledo Fernández •  Opinión •  01/11/2025

¿Como ser antinacionalista e internacionalista e non estar tolo?

Un internacionalista recoñece a existencia de nacións, algúnhas delas son nacións sen Estado por circunstancias históricas, pero non deixan de ser nacións, mais existe unha suposta esquerda capaz de defender o xusto dereito de ter un Estado propio aos palestinos, aos saharauís, aos kurdos, etc, mentras negan ese mesmo dereito a galegos, cataláns ou vascos.

Galiza é unha nación, por moito que os españolismo de dereita a esquerda non o recoñeza.

O feito nacional, o concepto nación, que foi desenrolado por Stalin nos seus traballos deixan ben claro para calquera que o queda estudar cun mínimo de seriedade que Galiza é unha nación sin Estado, algo que só pode ser negado polo españolismo nas súas diferentes versións de esquerda a dereita. Unha nación cunha historia propia, un idioma propio, unha cultura propia, unha idiosincrasia de seu. Poden negarnos como o fan neste momento co Sáhara Occidental, mais por iso non imos deixar de existir.

Stalin desenrolou o concepto de nación: “A nación é unha comunidade humana estable, históricamente formada e surxida sobre a base da comunidade de idioma, de territorio, de vida económica e de psicoloxía, manifestada nesta na comunidade de cultura”.

Según Stalin, unha nación é unha comunidade humana estable, históricamente formada, baseada nunha comunidade de idioma, territorio, vida económica e psicoloxía, manifestada nunha cultura común. Non entender que a Galiza cumple todos e cada un dos requisitos é non querer ver a realidade pero esa postura de comunista non ten nada.


Opinión /