Redacción •  Galicia •  30/05/2025

Esquerda Unida esixe á Xunta que dé cumprimento á necesaria acollida solidaria de menores

  • Esquerda Unida demándalle á Xunta a inmediata apertura de centros de acollida nas 4 provincias, así como fórmulas de acollemento familiar, – pois así o prima a actual normativa – para todas e todos estes nenos e nenas que están vivindo en condicións precarias, de amoreamento, nos centros de primeira acollida das Canarias, Ceuta e Melilla.
  • “É imperativo que á Xunta procure unha mellora dos recursos do actual sistema de protección á infancia e adolescencia, con máis centros de acollida públicos, bancos de familias acolledoras e a xestión dos mesmos por parte da propia Administración” afirma Lino Vila, Coordinador Nacional de Esquerda Unida.
Esquerda Unida esixe á Xunta que dé cumprimento á necesaria acollida solidaria de menores

Segundo publicouse nos recentes días, á CA de Galicia correspóndelle facerse cargo de 326 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados (NNAMNAs) e, dada a negativa das CCAA gobernadas polo PP a facerse cargo desta acollida necesaria, “observamos a data de hoxe o nulo movemento por parte da Xunta de Galicia para facer fronte a esta crise humanitaria” sinala Lino Vila.

Se ben é certo que o propio sistema de protección á infancia e a adolescencia en Galicia está, a data de hoxe, saturado, cos centros de acollemento residenciais en sobreocupación (isto é con máis nenos e nenas que prazas concertadas coa Xunta), “isto non obsta do cumprimento da legalidade, e vén poñer de manifesto a necesidade de dotar de máis recursos a un sistema, o de protección, que está completamente sobrepasado, con cada vez máis nenos e nenas con problemáticas de saúde mental ás que non se lle dan resposta desde o SERGAS nin desde a Consellería de Educación – matiza o Coordinador de Esquerda Unida-, e en moitos casos rematan no sistema de protección, cando debería terse evitado ofrecendo outro recurso adecuado a esa problemática a tempo”.

Esquerda Unida quere denunciar o sistema de externalización dos recursos de acollida, xa que, segundo expresa Lino Vila, “ a inmensa maioría dos centros de protección, así como as entidades que xestionan o acollemento familiar, son privadas, o que supón unha mostra máis da deriva privatizadora do sistema público de atención ás necesidades básicas deste goberno popular da Xunta de Galicia”.

O pasado mércores 28 de maio, celebrouse outra das mesas sectoriais coas diferentes CCAA e o Ministerio para tratar o asunto do reparto solidario destes nenos e nenas migrantes, que desbordan os centros de acollida de Canarias, Ceuta e Melilla, “e a resposta da Xunta de Galicia foi a mesma que a do resto de CCAA gobernadas polo PP, desde o silencio á inacción” remata o Coordinador Nacional.


MENAS /