Galardón “Lambirón” ás malas prácticas ambientais e culturais
Denominamos estes Galardóns “Lambirón” ás malas prácticas ambientais e culturais.

Touro, 25 de maio 2025. Alégranos contarvos que decidimos dar un paso máis na defensa da nosa terra, constituimonos en asociación ambiental e cultural para formarlizar e comprometer a nosa oposición á mina nos nosos concellos, e tamén adquirir un compromiso maior, non solo na denuncia das malas prácticas senón tamén na visibilidade e apoio das boas iniciativas.
Como toda asociación que se precie decidimos crear uns galardóns, así de entrada!!.
Denominamos estes Galardóns “Lambirón” ás malas prácticas ambientais e culturais.

¿Por qué Lambirón?
Lambirón é un personaxe da mitoloxía galega que se dí que fai o mal por canto sitio vai, case sempre é de fora do país, un forasteiro, ou un estraño, que non sabe tampouco a lingua galega ou non a practica; ainda que con apariencia humana, polos seus actos as veces parece non selo, dise que iban polos camiños envelenando fontes, secando colleitas, estragando os froitos e sementando pestes, incluso roubaba e levaba crianzas, nos tempos de ahora diríase coma unha pandemia.
Para obter este galardón, non é preciso inscribirse en ningures, e os agasallos tampouco van ser económicos, por se non o sabedes a nós gústanos o trueque. O galardón vai cunha recomendación, case sempre didáctica, de aprendizaxe, ou de reparación, xa que non perdemos a esperanza e a confianza na posibilidade de mellora e reparación do ser humano.
Os galardóns Lambirón de Mina Touro O Pino Non, irémolos publicando periódicamente, según vaian xurdindo e teñamos tempo; poden aparecer en calquera momento sin esperalos, os lambiróns son así. Tamén convidaremos a recoller o premio en reunión conxunta, porque nos agradará moito explicar en persoa os motivos e dar a posibilidade reparación e devolución do premio a quen xa desista da sua actitude na mala práctica, o que será todo un logro, tanto para quen recibe o premio como para nós, porque significará que o motivo do premio xa non existe e foi rectificado.


Os agasallos Lambirón poden ser variados e diversos, según o dano que o Lambirón fixera, pode ser un libro, unha clases de boas prácticas do cuidado ambiental, a petición de reparación do dano feito, convidarlle a aprender e estudar, convidarlle a conocer e respetar os nosos medios de vida ou incluso convidarlle a marcharse da nosa terra e non volver se fora preciso.
Para empezar cun Lambirón de actualidade imos outorgar o I Galardón Lambirón da Plataforma Mina Touro-O Pino NON, ó alcalde de O Pino por asfaltar a Carballeira da Madalena1 un precioso espazo de interese natural e forestal ás beiras do rego Carballas, á que se lle foron quitando recordos da veciñanza, que precisa sempre de conservación e mantemento, pero non de máis cemento.
Como agasallo recomendamos consultar con personas cualificadas antes de semellantes decisión e para elo pode poñerse en contacto, por exemplo, coa Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego – APATRIGAL2 e analizar unha vía de reparación posible para tal actuación. Agardamos a comunicación do Alcalde de O Pino para poder facerlle entrega persoalmente, poden contactarnos en calquera das nosas redes ou no correo electrónico.
1 https://www.santiagoturismo.com/areas-recreativas/rea-recreativa-da-magdalena